Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 2 de marzo de 2023 Páx. 16115

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 25 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a solicitude de ampliación da unidade de explotación da concesión de recursos da sección C) Puente número 2603 (PO/C/02603), situada no termo municipal de Rodeiro.

En cumprimento do disposto no artigo 23.4 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, e no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométese o trámite de información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración para a ampliación da explotación de recursos da sección C) Puente nº 2603 (PO/C/02603), situada no termo municipal de Rodeiro, provincia de Pontevedra, promovido por Granitos de Lalín, S.L.

Faise constar que mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, se formula informe de impacto ambiental (IIA) sobre a ampliación da concesión de explotación, que se fixo público no Diario Oficial de Galicia do 5.1.2022, en aplicación do artigo 47.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

O que se fai público para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas polo dito proxecto poidan presentar alegacións no prazo de trinta (30) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A consulta da documentación realizarase preferentemente a través da seguinte ligazón do portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/expediente-explotacions-mineiras).

Cando sexa indispensable a atención presencial, pódese acudir ás dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Pontevedra, avenida Mª Victoria Moreno, 43, 5º, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 16.

As posibles alegacións formularanse por escrito ante este órgano administrativo e presentaranse en calquera das oficinas previstas no 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 25 de outubro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra