Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio infórmase ás persoas afectadas pola expropiación do acto de pagamento dos prezos xustos e dos xuros polos bens e dereitos afectados polas instalacións eléctricas que se realizaron nos concellos que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla, en que se indican tamén o calendario e o horario dos pagamentos.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI, así como os documentos acreditativos da titularidade.
A Coruña, 16 de febreiro de 2023
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2015/167-1. Concello de Zas.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Instalación: anexo. Modificado 1. Recuamento LMT VIM 8023. San Tirso.
| Predio | Par. | Pol. | Titularidade proposta | Lugar | Data | Hora | 
| 5 | 169 | 507 | Descoñecida | Concello de Zas | 17 abril | 13.00 h | 
Expediente: IN407A 2020/48-1. Concello de Padrón.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Instalación: regulamentación LMTA PAD809, van 15-B-7/15-B-8. Padrón.
| Predio | Par. | Pol. | Titularidade proposta | Lugar | Data | Hora | 
| 1 | 149 | 89 | Descoñecida | Concello de Padrón | 12 abril | 10.00 h | 
Expediente: IN407A 2020/70-1. Concello de Toques.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Instalación: LMT. MEL705 TC apoio 52. Toques.
| Predio | Par. | Pol. | Titularidade proposta | Lugar | Data | Hora | 
| 1 | 755 | 17 | Descoñecida | Concello de Toques | 12 abril | 12.00 h | 

 
					
