Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 3 de marzo de 2023 Páx. 16378

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 24 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se dá publicidade á declaración comprensiva da situación patrimonial dun alto cargo.

O artigo 49.4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece a obriga de todos os cargos públicos incluídos no seu ámbito de aplicación, definido no artigo 37, de cubrir unha declaración comprensiva da súa situación patrimonial, no modelo que aprobe a persoa titular da consellería competente en materia de función pública.

Esta declaración deberá ser presentada no Rexistro de Bens Patrimoniais no prazo dos tres meses seguintes á data da toma de posesión e de cesamento, respectivamente, ante a Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Mediante a Orde do 3 de marzo de 2016, do titular da consellería competente en materia de función pública, apróbanse os modelos oficiais de declaracións que deben formular os altos cargos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 44, do 4 de marzo).

Segundo o Decreto 120/2022, do 30 de xuño, María Elvira Domínguez Alonso foi nomeada e tomou posesión no cargo de delegada da Xunta de Galicia en Montevideo (República Oriental do Uruguai) (DOG núm. 127, do 5 de xullo), e presentou o anexo IV do contido da declaración de bens patrimoniais para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia no Rexistro de Bens Patrimoniais de Altos Cargos.

Procede, en consecuencia, dar publicidade ao contido do anexo presentado para tal efecto, comprensivo da situación patrimonial que declara ao seu nomeamento e que se publica como anexo a este anuncio.

Tal e como consta no referido modelo anexo IV:

1. Non se inclúen os seguros de vida.

2. No suposto de bens indivisos, indícase o valor que corresponde segundo a porcentaxe de participación da declarante no ben ou dereito patrimonial.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2023

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Titular do cargo: María Elvira Domínguez Alonso.

Cargo público orixe da declaración: delegada da Xunta de Galicia en Montevideo (República Oriental do Uruguai).

Motivo: toma de posesión.

I. Activo:

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 87.422,93 €.

2. Valor total doutros bens: 369.938,72 €.

3. Total: 457.362,65 € (sic).

II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.):