Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 3 de marzo de 2023 Páx. 16176

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ORDE do 22 de febreiro de 2023 pola que se nomean vogais do Consello Reitor do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia.

O artigo 10 dos estatutos do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), aprobados polo Decreto 165/2014, do 11 de decembro, establece o Consello Reitor como o órgano superior colexiado de goberno do instituto.

A composición do Consello Reitor fíxase no artigo 11 dos citados estatutos e indícase que está integrado pola Presidencia, a Vicepresidencia, a Secretaría, e que, ademais, formarán parte del os seguintes vogais:

a) En representación dos axentes sociais: un/unha vogal en representación de cada un dos sindicatos que estean presentes na Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas, nos termos expostos na disposición adicional décimo terceira da Lei 16/2010, do 17 de decembro, e o mesmo número de vogais designados por proposta das organizacións empresariais máis representativas da Comunidade Autónoma.

b) En representación da Administración, un número de vogais suficiente para garantir a composición paritaria do Consello Reitor:

1. A persoa titular da Xerencia do Instituto.

2. Un/unha vogal por cada unha das consellerías con competencias en materia de sanidade, minas e facenda, designado pola persoa titular da consellería respectiva de entre as persoas titulares dos seus órganos superiores ou de dirección.

3. No caso de ser necesario, os/as restantes vogais serán designados pola persoa titular da consellería competente en materia de traballo entre as persoas titulares dos seus órganos superiores ou de dirección da Administración xeral da Comunidade Autónoma.

A Orde do 12 de decembro de 2019 (DOG núm. 2, do 3 de xaneiro de 2020) foi actualizada pola Orde do 16 de outubro de 2020 (DOG núm. 221, do 2 de novembro) e pola Orde do 13 de outubro de 2021 (DOG núm. 204, do 22 de outubro de 2021) co fin de adecuar os vogais do Consello Reitor do Instituto á nova estrutura orgánica da Xunta de Galicia.

Procede agora modificar as ditas ordes por mor dos cambios que tiveron lugar, consecuencia de novas designacións para determinados postos que actúan, no Consello Reitor do Issga, en representación da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, establecida polo Decreto 58/2022, do 15 de maio, e desenvolvida polo Decreto 116/2022, do 23 de xuño.

Así mesmo, dada a necesidade de actualizar os vogais do Consello Reitor, a Confederación Intersindical Galega propón un cambio no vogal suplente, a Central Sindical Independente e de Funcionarios en Galicia propón o cambio dos seus vogais titular e suplente, e a Confederación de Empresarios de Galicia propón o cambio dun dos vogais titulares respecto aos designados na Orde do 12 de decembro de 2019.

En virtude do anterior, cómpre facer os seus nomeamentos que, para xeral coñecemento, se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Así, de conformidade coas atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e os artigos 10 e 11 dos estatutos do Issga, aprobados polo Decreto 165/2014, do 11 de decembro,

DISPOÑO:

Primeiro. Nomear vogais titulares e suplentes do Consello Reitor do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia as seguintes persoas, sen prexuízo da permanencia dos restantes membros nomeados pola Orde do 12 de decembro de 2019, actualizada pola Orde do 16 de outubro de 2020 e pola Orde do 13 de outubro de 2021:

a) En representación dos axentes sociais:

– Pola Confederación Intersindical Galega.

Como vogal suplente: Xulia González Pascual.

– Pola Central Sindical Independente e de Funcionarios en Galicia:

Como vogal titular: Carolina Moldes Castiñeiras.

Como vogal suplente: Alba Arceo Vilas.

– Pola Confederación de Empresarios de Galicia:

Como vogal titular: José No Varela, en substitución de Diego Vázquez Reino.

b) En representación da Administración:

– Un vogal pola consellería competente en materia de minas:

– Como vogal titular: Pablo Fernández Vila, director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Segundo. Esta orde producirá efectos desde o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2023

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade