Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 6 de marzo de 2023 Páx. 16429

III. Outras disposicións

Presidencia da Xunta de Galicia

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 31 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións destinadas ás entidades galegas no exterior para a participación dos seus grupos folclóricos nos actos do VI Día da Galicia Exterior.

O artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece a obrigatoriedade de publicar no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas por importe igual ou superior a 3.000 €, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputan, o beneficiario, a cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención, e así se recolle no artigo 22 da convocatoria de referencia. En consecuencia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas ás entidades galegas no exterior que figuran no anexo I por importe igual ou superior a 3.000 €, ao abeiro da seguinte convocatoria:

Resolución do 31 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións destinadas ás entidades galegas no exterior para a participación dos seus grupos folclóricos nos actos do VI Día da Galicia Exterior (DOG núm. 67, do 6 de abril de 2022).

Crédito orzamentario: 350.000 €, con cargo á aplicación 04.30.312C.481.0.-Axudas a entidades no ámbito das migracións.

Finalidade:

Contribuír ao financiamento dos gastos en que incorran as entidades con motivo do desprazamento do grupo co que participen nos actos do VI Día da Galicia Exterior desde o seu lugar de orixe ata Galicia e regreso.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2023

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO I

Participación nos actos do VI Día da Galicia Exterior

Cód.

Entidade

Localidade

País

Subvención concedida (€)

17

Casa de Galicia en Córdoba

Córdoba

España

4.050

61

Centro Gallego en Álava

Vitoria

España

3.000

70

Asociacion Cultural Galega de Hamburgo E.V.

Hamburgo

Alemania

3.250

125

Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión

Buenos Aires

Argentina

21.000

141

Centro Galicia de Buenos Aires, Cultura, Social y Deportivo

Buenos Aires

Argentina

29.500

159

Centro Gallego de Mar del Plata

Mar del Plata

Argentina

22.000

170

Asociación Cultural Caballeros de Santiago

Rio Vermelho-Salvador

Brasil

25.000

179

Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instruçao

Vila Monumento-Sâo Paulo

Brasil

23.000

187

Federación de Sociedades Gallegas de Cuba

La Habana

Cuba

28.056

194

Corporación Lar Gallego

Las Condes

Chile

22.000

198

Unidad Gallega de los EE.UU. (Unity Gallega of the U.S. Inc.)

Astoria

Estados Unidos

22.000

212

Centro Social, Cultural y Deportivo de Bolos Valle Miñor

Montevideo

Uruguay

28.000

213

Centro Gallego de Montevideo

Montevideo

Uruguay

28.000

232

Hermandad Gallega de Venezuela

Caracas

Venezuela

29.500

234

Centro Gallego de Maracaibo

Maracaibo

Venezuela

19.000

455

Asociación Cultural Galega A Roda

Lausanne

Suiza

4.100

595

Xuntanza de Asociacións Galegas en Catalunya

Cornellá de Llobregat

España

10.500