Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 6 de marzo de 2023 Páx. 16511

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 20 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2022/127-1 no concello de Narón.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT e RBT As Viñas, no concello de Narón (expediente IN407A 2022/127-1), acto que terá lugar nas dependencias municipais do dito concello segundo o calendario e os datos que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla, sen prexuízo de acudir aos predios se as persoas interesadas así o solicitan.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si ou representados por persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 20 de febreiro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/127-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT, CT e RBT As Viñas.

Concello: Narón.

Predio nº

Datos catastrais

Propietario proposto

Día

Hora

1

64710B6NJ6167S0000HL

Ubaldo Otero Penabad

3 de abril

10.30 h