Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 7 de marzo de 2023 Páx. 16747

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO da aprobación definitiva dun instrumento de planeamento urbanístico (expediente 2021/U035/000001).

O Pleno municipal, en sesión ordinaria do 31 de outubro de 2022, acordou aprobar definitivamente o Plan especial de reforma interior número 2 PERI-2 Casas dos Mestres, previsto no Plan xeral de ordenación municipal de Carballo, para reorganizar a volumetría edificatoria deste ámbito, segundo a documentación técnica redactada polos arquitectos Beatriz Aneiros Filgueira (número de colexiada 2137 COAG) e Álvaro Fernández Carballada (número de colexiado 1047 COAG), presentada no rexistro deste concello o 18 de outubro de 2022, número 202299900004370.

A normativa e as ordenanzas reguladoras deste plan especial publicaranse no Boletín Oficial da provincia e o documento, debidamente dilixenciado, en formato dixital, remitirase á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para os efectos da súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, segundo o disposto no artigo 88 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e no artigo 212.2 do seu Regulamento.

Carballo, 8 de febreiro de 2023

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde