Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 7 de marzo de 2023 Páx. 16702

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 13 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Rianxo (expediente IN407A 2022/370-1).

Expediente: IN407A 2022/370-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Brión.

Concello: Rianxo.

1. Características técnicas:

– Centro de transformación prefabricado de formigón tipo rural, compacto de manobra exterior, de 160 kVA de potencia, relación de transformación 20.000/400 V e configuración de celas 1L+1P, para instalar na parcela con referencia catastral 15073A002001230000FE, sita no lugar de Brión (termo municipal de Rianxo).

– Modificación do apoio nº 83 (matrícula: 9SFM2WFN) da LMT aérea BOI-808 (expediente 50.779) metálico tipo C-1000/14, existente, consistente na instalación dunha nova cruceta tipo H35.

– Instalación no apoio nº 83 modificado dun paso aéreo-soterrado (PA/S) dotado de pararraios autoválvulas e dun interruptor telecontrolado (ITC).

– Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 20 kV, de 1.701 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×150 mm2 Al), coa orixe no paso aéreo-soterrado anterior e remate en cela de liña do CT proxectado.

– Retensado do condutor tipo LA-56 (condutor existente) nos vans anterior e posterior ao apoio nº 83 (matrícula: 9SFM2WFN) da LMT aérea BOI-808.

– Instalación de tres liñas soterradas de baixa tensión (RBTS), S1 de 240 metros de lonxitude, S2 de 111 metros de lonxitude e S3 de 139 metros de lonxitude, en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4 (1 × 240 mm2 Al) coa orixe no CT proxectado e remate nos acoplamentos coa rede de baixa tensión existente.

– Reforzo da rede de baixa tensión aérea (RBTA) existente nun treito de 251 metros de lonxitude, proxectándose a substitución do condutor existente polo novo condutor tipo RZ-3 × 95 mm2 Al.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 13 de febreiro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Termo municipal de Rianxo

Nº de predio: 1

Referencia catastral: 15073A002001230000FE (polígono 2, parcela 123).

Lugar: A Fonte Nova.

Cultivo: rústico; agrario; prados ou praderías.

Propietaria/o: descoñecido/a.

Afección do solo en pleno dominio:

– Centro de transformación máis acceso: 15,52 m2.