Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 7 de marzo de 2023 Páx. 16718

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 20 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunica o traslado de follas de valoración da entidade beneficiaria no expediente de expropiación no concello de Cenlle, provincia de Ourense (expediente IN407A 2021/84-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA, CTI e RBTA Esposende II, no concello de Cenlle (expediente IN407A 2021/84-3), correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo.

O texto íntegro das referidas follas de valoración está ao dispor das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Ourense, situada na rúa Curros Enríquez, nº 1, 4º andar, 32003 Ourense, tras solicitar cita previa no teléfono 988 38 67 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión das correspondentes follas ao enderezo que sinalen.

Transcorrido o dito prazo de dez días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 20 de febreiro de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2021/84-3.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTA, CTI e RBTA Esposende II.

Concello: Cenlle.

Predio nº

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Data da ocupación

3

O Campo

32026A021002070000TB

Gumersindo Veloso Covelo

Notificación infrutuosa

9.6.2022

6

Rodal 1000

32026A02101000000TM

CMVMC de Santa María de Cenlle

Notificación infrutuosa

9.6.2022

8

Rodal 1000

32026A02301000000TU

CMVMC de Santa María de Cenlle

Notificación infrutuosa

9.6.2022

10

Rodal 1000

32026A03201000000TT

CMVMC de Santa María de Cenlle

Notificación infrutuosa

9.6.2022

12

Santa Bárbara

32026A032001810000TA

CMVMC de Santa María de Cenlle

Notificación infrutuosa

9.6.2022

14

Santa Bárbara

32026A03201830000TY

CMVMC de Santa María de Cenlle

Notificación infrutuosa

9.6.2022

18

Rodal 1000

32026A033010000000TB

CMVMC de Santa María de Cenlle

Notificación infrutuosa

9.6.2022