Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 8 de marzo de 2023 Páx. 16829

III. Outras disposicións

Valedor do Pobo

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2023 pola que se dispón a publicación da resolución do xurado da terceira edición dos premios Valedora do Pobo aos mellores traballos fin de grao (TFG) e traballos fin de máster (TFM) en materia de igualdade e dereitos das mulleres.

De conformidade co establecido no punto 6 das bases da convocatoria da terceira edición dos premios Valedora do Pobo aos mellores traballos de fin de grao (TFG) e traballos fin de máster (TFM) en materia de igualdade e dereitos das mulleres, aprobadas pola Resolución do 12 de setembro de 2022 (DOG núm. 180, do 21 de setembro),

RESOLVO:

Dar publicidade á resolución do xurado, do 14 de febreiro de 2023, emitida en todos os casos por unanimidade:

– Premio traballo fin de grao (gañadora ex aequo): «A xestación por substitución no Dereito civil español: a aceptación tácita dos efectos dun contrato nulo». Autora: Carmen Castrillo Sotelo.

– Premio traballo fin de grao (gañadora ex aequo): «Quen son elas? O deporte galego dende a perspectiva de xénero». Autora: Cinthia Piñeiro Acevedo.

– Premio traballo fin de máster: «Conquistando o baleiro: as voces de profesoras e alumnas en ciclos formativos masculinizados». Autora: Ana Souto Mínguez.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2023

María Dolores Fernández Galiño
Valedora do Pobo