Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 8 de marzo de 2023 Páx. 16966

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de corrección de erros da convocatoria dos procesos de provisión de postos vacantes e do proceso selectivo para a cobertura dunha praza vacante no corpo da Policía local e polo que se dá publicidade ás bases reguladoras dos procesos de provisión por mobilidade de varios postos e do proceso selectivo para o acceso, por promoción interna, á categoría de oficial do corpo da Policía local (OEP ordinaria do ano 2022).

Detectado un erro na publicación do Diario Oficial de Galicia número 36, do martes 21 de febreiro de 2023, no anuncio relativo á convocatoria dos procesos de provisión de postos vacantes e do proceso selectivo para a cobertura dunha praza vacante no corpo da Policía local, e polo que se dá publicidade ás bases reguladoras dos procesos de provisión por mobilidade de postos nas categorías de policía e inspector e do proceso selectivo para o acceso, por promoción interna, á categoría de oficial no corpo da Policía local do Concello de Pontevedra (OEP ordinaria do ano 2022), procede realizar a súa corrección, de xeito que, onde di: «(...) O prazo de presentación de instancias para participar no antedito proceso de selección será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, e os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos da Corporación nos termos establecidos nas bases. (...)».

Debe figurar: «(...) O prazo de presentación de instancias para participar no antedito proceso de selección será de vinte días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, e os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos da Corporación nos termos establecidos nas bases. (...)».

Quedan subsistentes os demais termos do anuncio publicado no DOG número 36, do martes 21 de febreiro de 2023, relativo á convocatoria dos procesos de provisión de postos vacantes e do proceso selectivo para a cobertura dunha praza vacante no corpo da Policía local, e polo que se dá publicidade ás bases reguladoras dos procesos de provisión por mobilidade de postos nas categorías de policía e inspector e do proceso selectivo para o acceso, por promoción interna, á categoría de oficial do corpo da Policía local do Concello de Pontevedra (OEP ordinaria do ano 2022).

Pontevedra, 28 de febreiro de 2023

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 15.6.2019)
María del Carmen Fouces Díaz
Concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura