Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 9 de marzo de 2023 Páx. 17058

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2023 pola que se procede ao nomeamento como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia na categoría 003 do grupo V, ordenanza e outras, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de consolidación, convocado pola Orde do 5 marzo de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 49, do 11 de marzo).

Unha vez rematado o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 003 do grupo V, ordenanza e outras, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 5 de marzo de 2019 (DOG núm. 49, do 11 de marzo), con corrección de erros no DOG núm. 53, do 15 de marzo de 2020; e realizado o acto de elección de destino provisional previsto na Resolución do 9 de febreiro de 2023 (DOG núm. 35, do 20 de febreiro), esta consellería, de acordo co previsto no V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal laboral fixo na categoría 003 do grupo V, ordenanza e outras, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destino provisional os que figuran no mesmo anexo.

Segundo. As persoas nomeadas persoal laboral fixo da Xunta de Galicia e adxudicatarias provisionais dos postos de traballo relacionados no anexo disporán do prazo dun mes para tomar posesión dos seus destinos, de conformidade co disposto no artigo 13 do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

O prazo de toma de posesión comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

Anexo

DNI

Apelidos e nome

Posto elixido

Código

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Adscr.

Observ.

1

***6128**

Girón Díaz, Francisco Manuel

3

PSC050000015770275

Ordenanza

PS

D.X. de Maiores e Persoas con Discapacidade

Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade

Santiago de Compostela

V003

 

2

***9060**

Varela Gestal, Roberto

1

MRC040000015770105

Ordenanza

MR

D.X. de Planificación e Ordenación Forestal

Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal

Santiago de Compostela

V003

 

3

***6329**

González Vázquez, Ramón José

2

PRO100000015770125

Ordenanza

FC

Escola Galega de Administración Pública

Escola Galega de Administración Pública

Santiago de Compostela

V003

Xornada de tarde