Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 9 de marzo de 2023 Páx. 16992

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2023 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 2 de marzo de 2023, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Facenda e Administración Pública.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Facenda e Administración Pública xustifícase polas razón indicadas no punto primeiro do acordo.

Esta modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Facenda e Administración Pública contén cambios de diversa natureza polo que, por razóns de eficacia e operatividade, se considera máis axeitada a publicación completa, e non parcial desta, de tal xeito que figuran postos cuxas características foron aprobadas en modificacións anteriores.

Nesta publicación figuran tamén postos aos cales foron clasificadas as excepcionalidades da súa cobertura polo sistema de libre designación nos acordos do Consello da Xunta, do 26 de outubro de 2017, polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería de Facenda (DOG nº 210, do 6 de novembro); do 5 de abril de 2018, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Facenda (DOG núm. 74, do 17 de abril); do 30 de xullo de 2020, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Facenda (DOG núm. 160, do 11 de agosto) e do 22 de novembro de 2018, polo que se aproba a relación de postos de traballo da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG núm. 225, do 26 de novembro).

En consecuencia, por proposta da Consellería de Facenda e Administración Pública e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación e na Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 2 de marzo de 2023, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Facenda e Administración Pública, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Clasificar de libre designación os postos que a seguir se relacionan en aplicación dos criterios de excepcionalidade que se indican, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co disposto na Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación de relacións de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia:

CÓDIGO DO POSTO

DENOMINACIÓN

CRITERIO

FC.C08.00.000.15770.003

XEFATURA DE SECCIÓN I

– Asesoramento e dependencia directa dun alto cargo.

– Realización das funcións de avaliación, auditoría e investigación, sobre o funcionamento dos servizos públicos.

FC.C08.00.000.15770.005

XEFATURA DE SECCIÓN II

– Asesoramento e dependencia directa dun alto cargo.

– Realización das funcións de avaliación, auditoría e investigación, sobre o funcionamento dos servizos públicos.

FC.C03.00.002.15770.025

SERVIZO DE ELABORACIÓN E RENDICIÓN DE CONTAS

Especial responsabilidade por garantir a protección de datos persoais.

FC.C03.00.002.15770.035

XEFATURA SERVIZO DE INFORMES E ANÁLISES DE CONTAS E FINANCEIROS

Especial responsabilidade por garantir a protección de datos persoais.

FC.C03.00.003.15770.012

SERVIZO DO EQUIPO DE CONTROL FINANCEIRO

– Realizar funcións de avaliación, auditoría e investigación, sobre o funcionamento dos servizos públicos.

– Especial responsabilidade por garantir a protección de datos persoais.

FC.C03.00.003.15770.014

SERVIZO DO EQUIPO DE AUDITORÍA DO SECTOR PÚBLICO

– Realizar funcións de avaliación, auditoría e investigación, sobre o funcionamento dos servizos públicos.

– Especial responsabilidade por garantir a protección de datos persoais.

FC.C03.00.003.15770.016

SERVIZO DO EQUIPO CONTROL COORD. CON. FINAN. ATRIGA

– Realizar funcións de avaliación, auditoría e investigación, sobre o funcionamento dos servizos públicos.

– Especial responsabilidade por garantir a protección de datos persoais.

FC.C03.00.005.15770.007

SERVIZO DO EQUIPO DE COORDIN., SEGUIMENTO E ANÁLISE

– Realizar funcións de avaliación, auditoría e investigación, sobre o funcionamento dos servizos públicos.

– Especial responsabilidade por garantir a protección de datos persoais.

FC.C03.00.005.15770.013

SERVIZO DO EQUIPO DE AXUDAS DE ESTADO

– Realizar funcións de avaliación, auditoría e investigación, sobre o funcionamento dos servizos públicos.

– Especial responsabilidade por garantir a protección de datos persoais.

Terceiro. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 2 de marzo de 2023, relativo á aprobación da relación de postos de traballo da Consellería de Facenda e Administración Pública, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda, do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file