Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 9 de marzo de 2023 Páx. 17035

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2023 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 9 de xuño de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a participación de persoas escritoras, ilustradoras e tradutoras nas actividades que se celebren no sector do libro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CT221A).

O artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece a obrigatoriedade da publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputan, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención. Así mesmo, segundo o artigo 15 da orde de convocatoria, as resolucións administrativas publicaranse no Diario Oficial de Galicia e no portal https://www.cultura.gal

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 10.40.432A.770.01 do procedemento CT221A, para a participación de persoas escritoras, ilustradoras e tradutoras nas actividades celebradas no sector do libro no ano 2022.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ANEXO

Persoa beneficiaria

Ámbito xeográfico

Importe axuda

Mª Estíbaliz Espinosa Río

Resto da Unión Europea

700 €

Manuel Vila Baleato

Resto da Unión Europea

700 €

Blanca Mª Riestra Rodríguez

Fóra da Unión Europea

1.500 €

Francisca Raquel Castro Martínez

Resto da Unión Europea

700 €

Carlos Ignacio Labraña Barrero

Resto da Unión Europea

700 €

Eduardo Pérez Baamonde

España, agás a Comunidade Autónoma galega

400 €

Miguel Ángel López González

Fóra da Unión Europea

1.500 €

Yolanda Castaño Pereira

Fóra da Unión Europea

1.500 €