Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2023 Páx. 17159

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

ORDE do 24 de febreiro de 2023 pola que se fixa o prezo privado para a venda ao público dunha publicación editada pola Escola Galega de Administración Pública.

O artigo 50 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, dispón que «son prezos privados as contraprestacións que obteñan os suxeitos a que se refire o artigo 3 desta lei pola prestación de servizos ou pola realización de actividades efectuadas en réxime de dereito privado cando, prestando tamén tales servizos ou actividades o sector privado, sexan de solicitude voluntaria por parte dos administrados».

Así mesmo, o artigo 51 da referida lei establece que os prezos privados serán fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da consellería competente en matería de Facenda, atendendo ás condicións e circunstancias do mercado en que operen, sen prexuízo de que excepcionalmente se poidan aplicar subvencións reguladoras. Para estes efectos, o proxecto normativo, xunto coa memoria económica en que se xustifican os aspectos anteriores, remitiuse á dirección xeral competente. Así mesmo, a orde deberá publicarse no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, logo de ver a proposta formulada pola Escola Galega de Administración Pública e logo do informe favorable da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único

1. Queda aprobado o prezo privado de venda ao público da publicación editada pola Escola Galega de Administración Pública que se relaciona no anexo.

2. Este prezo entenderase con IVE incluído.

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2023

Miguel Corgos López-Prado
Conselleiro de Facenda e Administración Pública

ANEXO

– 25 anos do Laboratorio de Consumo de Galicia. 29,00 €.