Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2023 Páx. 17451

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 24 de febreiro de 2023 polo que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/15/2020-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 10 de novembro de 2022, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística polas obras consistentes nunha edificación de tipoloxía residencial, vivenda unifamiliar illada, execución de planta baixa, cun pequeno soto, con cerramentos de ladrillo cerámico enfuscados sen pintar e cuberta resolta a unha auga con cubrición de tella sobre estrutura de madeira, no lugar de Rozo de Arriba, no termo municipal de Ourense, provincia de Ourense.

Ao non se poder realizar a notificación persoal daquel acordo ao interesado, con documento nacional de identidade número 34902014C, mediante este anuncio, e ao amparo do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado o devandito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios dos que pretenda valerse.

Para que conste, e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística