O 6 de maio de 2022 aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal en cumprimento do disposto na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.
A devandita oferta foi publicada no BOP da Coruña núm. 90, do 12 de maio.
As prazas incluídas no referido proceso de estabilización foron as seguintes:
Denominación |
Grupos profesionais |
Núm. de prazas |
Axente de protección civil |
8 |
1 |
Condutor/a de vehículo do lixo |
8 |
1 |
Peón/peoa de recollida do lixo |
10 |
3 |
Psicólogo/a |
1 |
1 |
Educador/a familiar |
1 |
1 |
Asistente/traballador/a social |
2 |
1 |
Auxiliar de axuda a domicilio |
4 |
4 |
Persoal de servizos xerais/conserxe/conserxe-operario/a |
6 |
4 |
Monitor/a deportivo/a |
3 |
2 |
Condutor/a de tractor |
10 |
1 |
Unha vez comprobadas as prazas ofertadas, detéctase un erro no número de prazas ocupadas temporalmente na categoría de auxiliar de axuda no fogar.
O 9 de febreiro de 2023, a Secretaría acumulada emite informe favorable da devandita corrección de erros.
En vista do anterior e ao abeiro do disposto no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas, en uso das atribucións que me confire o artigo 21 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local,
RESOLVO:
Primeiro. Aprobar a corrección de erros da oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público do Concello de Coristanco, publicada no BOP da Coruña núm. 90, do 12 de maio de 2022, de modo que onde di:
«Denominación |
Grupos profesionais |
Núm. de prazas |
Auxiliar de axuda a domicilio |
4 |
4» |
Debe dicir:
«Denominación |
Grupos profesionais |
Núm. de prazas |
Auxiliar de axuda a domicilio |
4 |
3» |
Segundo. Publicar o anuncio de corrección de erros da oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal do Concello de Coristanco no taboleiro de anuncios, no Boletín Oficial da provincia da Coruña e mais no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Dar conta aos/ás empregados/as municipais que ocupan as prazas incluídas na devandita oferta de emprego público.
Cuarto. Dar conta ao Pleno na vindeira sesión que teña lugar.
Quinto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pódese interpoñer alternativamente recurso de reposición potestativo ante a Alcaldía, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optase por interpoñer o recurso de reposición potestativo, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.
Todo iso sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere máis conveniente conforme dereito.
Coristanco, 9 de febreiro de 2023
Juan Carlos García Pose
Alcalde