Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2023 Páx. 17474

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Laza

ANUNCIO da convocatoria do proceso de estabilización de emprego temporal.

Pola Resolución da Alcaldía do 1 de marzo de 2023, aprobáronse as bases que rexerán a convocatoria e a execución do proceso de estabilización de emprego temporal no Concello de Laza, cuxa oferta de emprego público se aprobou mediante a Resolución da Alcaldía do 25 de maio de 2022 (BOP núm. 121, do 28 de maio e DOG núm. 104, do 1 de xuño), coa corrección de erros núm. 1 (BOP núm. 298, do 30 de decembro de 2022, e DOG núm. 12, do 18 de xaneiro de 2023), e a corrección de erros núm. 2 (BOP núm. 36, do 13 de febreiro de 2023, e DOG núm. 32, do 15 de febreiro de 2023), das seguintes prazas.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 53, do 6 de marzo de 2023, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover, mediante concurso-oposición e concurso (proceso de estabilización de emprego temporal):

– Unha praza de axente de emprego e desenvolvemento local, mediante o sistema de concurso-oposición, xornada completa.

– Unha praza de xefe de equipo do servizo municipal de protección civil e emerxencias, mediante o sistema de concurso, xornada completa.

– Seis prazas de peón especialista do Grupo de Emerxencias Supramunicipal, mediante o sistema de concurso, xornada completa.

– Dúas prazas de persoal de limpeza; delas, 1 praza mediante o sistema de concurso e 1 praza mediante o sistema de concurso-oposición; 1 praza a xornada completa e 1 praza con xornada do 75 %.

– Unha praza de oficial de obras, mediante o sistema de concurso, xornada completa.

– Unha praza de peón de obras, mediante o sistema de concurso-oposición, xornada completa.

– Catorce prazas de auxiliares de axuda no fogar; delas, 9 prazas mediante o sistema de concurso e 5 prazas mediante o sistema de concurso-oposición; 3 prazas a xornada completa e 11 prazas con xornada do 75 %.

As bases da convocatoria publicáronse na sede electrónica da Corporación (https://laza.sedelectronica.gal).

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na sede electrónica municipal (https://laza.sedelectronica.gal) e, de ser o caso, no Boletín Oficial da provincia de Ourense.

Laza, 6 de marzo de 2023

José Ramón Barreal Novo
Alcalde presidente