Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2023 Páx. 17565

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2023 pola que se nomean persoal laboral fixo da Xunta de Galicia na categoría 017 do grupo II, asistenta/e social, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de consolidación, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 213, do 8 de novembro).

Unha vez rematado o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 017 do grupo II, asistenta/e social, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG número 213, do 8 de novembro), con corrección de erros no DOG núm. 229, do 2 de decembro, e realizado o acto de elección de destino provisional previsto na Resolución do 9 de febreiro de 2023 (DOG número 36, do 21 de febreiro), esta consellería, de acordo co previsto no V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal laboral fixo na categoría 017 do grupo II, asistenta/e social, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais os que figuran no mesmo anexo.

Segundo. As persoas nomeadas persoal laboral fixo da Xunta de Galicia e adxudicatarias provisionais dos postos de traballo relacionados no anexo disporán do prazo dun mes para tomaren posesión dos seus destinos, de conformidade co disposto no artigo 13 do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

O prazo de toma de posesión comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

NIF

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro directivo

Centro destino

Concello

Adscr.

Observ.

1

***3456**

Castro Besteiro, Marta

1

PSC991000027001433

Asistente/a social

PS

Xefatura Territorial de Lugo

Servizos periféricos

Lugo

II-017

 

2

***6127**

Ocampo López, Cristina

6

PSC050000015770236

Asistente/a social

PS

D. X. de Maiores e Persoas con Discapacidade

Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade

Santiago de Compostela

II-017

 

3

***0124**

Pérez Espinosa, Magdalena

3

PSC991000036560512

Asistente/a social

PS

Xefatura Territorial de Vigo

Servizos periféricos

Vigo

II-017

 

4

***2257**

Fernández Lema, Sabela

2

PSC040000015770140

Asistente/a social

PS

D. X. de Inclusión Social

Dirección Xeral de Inclusión Social

Santiago de Compostela

II-017

 

5

***8909**

Pérez Albores, María Luz

5

PSC991000015001634

Asistente/a social

PS

Xefatura Territorial da Coruña

Servizos periféricos

Coruña (A)

II-017

 

6

***6854**

Da Silva Vecino, Jonatan

4

PSC991000027001561

Asistente/a social

PS

Xefatura Territorial de Lugo

Servizos periféricos

Lugo

II-017

Complemento salarial de singularidade por perigosidade // Complemento salarial de singularidade por penosidade // Complemento salarial de singularidade por responsabilidade = 1.090,44 €