Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2023 Páx. 17689

I. Disposicións xerais

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

Advertidos erros na Orde do 21 de outubro de 2022 que se cita, publicada no Diario Oficial de Galicia número 212, do 8 de novembro de 2022, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 58269, no artigo 31.1.k):

Onde di: «Certificado de discapacidade da persoa solicitante ou membro computable da familia non expedido pola Administración autonómica», debe dicir: «Certificado de discapacidade da persoa solicitante ou membro computable da familia non expedido pola Administración autonómica de Galicia».

Na páxina 58271, no artigo 32.1.e):

Onde di: «Certificado de discapacidade da persoa solicitante ou membro computable da unidade familiar expedido pola Administración autonómica», debe dicir: «Certificado de discapacidade da persoa solicitante ou membro computable da unidade familiar expedido pola Administración autonómica de Galicia».