Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos devanditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) núm. 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, faise constar que o 27 de outubro de 2022 se publicou no DOG a Resolución do 18 de outubro de 2022 pola que se dá publicidade da encarga á empresa pública Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), como medio propio personificado, da execución do proxecto técnico de reforma da Oficina Agraria Comarcal de Verín. A instalación da climatoloxía con aerotermia correspondente a esta encarga é susceptible de financiamento ao 80 % do gasto elixible, de conformidade co convenio asinado o 17 de setembro de 2021 entre a Consellería do Medio Rural e a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega), para o desenvolvemento de proxectos de enerxías renovables, e a súa addenda de modificación formalizada o 28 de outubro de 2022, cofinanciado con fondos Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020: actuación 4.1.2.2 Fomento das actividades asociadas ao ciclo de aproveitamento da biomasa térmica e outras tecnoloxías renovables na Administración xeral da Comunidade Autónoma e no sector público autonómico.
Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2023
José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural