Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2023 Páx. 18404

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

ANUNCIO da convocatoria dos procesos selectivos de estabilización do emprego temporal de varias prazas (concurso-oposición).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 248, do 29 de decembro de 2022 (corrección de erros no BOP número 12, do 18 de xaneiro de 2023), publicáronse integramente as bases que rexerán os procesos selectivos de estabilización do emprego temporal das seguintes prazas, mediante o procedemento de concurso-oposición:

– Dúas (2) prazas de auxiliar administrativo/a, pertencentes á escala da Administración xeral, subescala auxiliar, grupo/subgrupo: C2, nivel de CD 17.

– Unha (1) praza de oficial/a electricista, pertencente á escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, grupo/subgrupo: C2, nivel de CD 16.

– Unha (1) praza de oficial/a mecánico/a-condutor/a, pertencente á escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, grupo/subgrupo: C2, nivel de CD 16.

– Unha (1) praza de axudante de condutor/a, pertencente á escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, grupo/subgrupo: AP, nivel de CD 14.

– Dúas (2) prazas de peón/a de oficios, pertencente á escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, grupo/subgrupo: AP, nivel de CD 14.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios, cando proceda conforme as bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de anuncios da sede do Concello de Marín.

Marín, 20 de febreiro de 2023

María Ramallo Vázquez
Alcaldesa