Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2023 Páx. 18358

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 1 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican varios actos administrativos en materia de enerxía ditados en procedementos da competencia desta xefatura.

Despois de intentar en tempo e forma a práctica da notificación dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade co disposto nos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázanse para proceder á notificación dos actos administrativos as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou as persoas representantes debidamente acreditadas.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Todas aquelas persoas que soliciten acudir a estas dependencias deben solicitar cita previa a través do teléfono 986 80 52 37.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer

Pontevedra, 1 de marzo de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Persoas interesadas

Acto notificado

Lorenzo Fraga Castro

Resolución do 30 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica no concello de Ribadumia (expediente IN407A 2021/209-4).

Jaime Castro Abal

Resolución do 12 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vilanova de Arousa (expediente IN407A 2022/309-4).

INYCO Galicia, S.L.

Resolución do 18 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Gondomar (expediente IN407A 2022/415-4).

José Ramón Fernández

Resolución do 30 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2022/459-4).

Julio Sara Fondos

Resolución do 1 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Cerdedo-Cotobade (expediente IN407A 2022/462-4).

Álvaro Alonso Fernández

Resolución do 21 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Gondomar (expediente IN407A 2022/475-4).

Aparicio Rodríguez Goberna

Resolución do 29 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Nigrán (expediente IN407A 2022/510-4).

Ángel García Pérez

Resolución do 29 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2022/429-4).