Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2023 Páx. 18529

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica o requirimento de emenda da documentación das xustificacións presentadas ao abeiro da Orde do 14 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento BS508E).

A consellería con competencias en materia de política social e xuventude convocou, para os anos 2022 e 2023, a través da Orde do 14 de setembro de 2022, as subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (Diario Oficial de Galicia, número 184, do 27 de setembro).

Mediante a Resolución do 15 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, publicase a Resolución do 14 de decembro de 2022 de concesión das subvencións presentadas ao abeiro da dita Orde do 14 de setembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia, número 244, do 26 de decembro).

O artigo 23 da orde de convocatoria, logo da modificación introducida pola Orde do 2 de decembro de 2022, establece como data límite para presentar a xustificación das actividades desenvolvidas na anualidade de 2022 o día 30 de decembro de 2022.

Así mesmo, nos números 2 e 3 do dito artigo 23 da orde determínase a documentación necesaria para xustificar a axuda concedida.

Unha vez revisadas as xustificacións presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ben por non ser suficiente para determinar o cumprimento das condicións impostas e a consecución dos obxectivos previstos no acto da concesión da subvención.

O artigo 23.5 da dita orde establece que, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen presentala ante o órgano administrativo competente, este requirirá a entidade beneficiaria para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación no dito prazo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e as demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no dito prazo adicional non eximirá a entidade beneficiaria das sancións que, conforme a lei, correspondan.

Así mesmo, o artigo 20 da orde establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do acto de requirimento da documentación xustificativa da axuda concedida para a anualidade de 2022, ditado polo órgano instrutor do procedemento con data do 2 de marzo de 2023, no cal se relacionan as entidades que deben emendar as xustificacións e/ou completar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras e que figura como anexo a esta resolución.

2. Facer indicación expresa ás entidades beneficiarias que se relacionan no requirimento recollido no anexo de que, no prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria. Non o faceren, de conformidade co artigo 23.5 da orde; co artigo 28.10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e co artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño; comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e as demais responsabilidades que correspondan.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das xustificacións, poderán dirixirse á Consellería de Política Social e Xuventude a través dos teléfonos 981 95 79 20 ou 881 99 65 30.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2023

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Requirimento de emenda da documentación xustificativa das axudas concedidas, anualidade 2022

Convocatoria: Orde do 14 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento BS508E).

Acto administrativo: requirimento de emenda da documentación xustificativa das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 14 de setembro de 2022. Anualidade 2022.

Data do acto: 2 de marzo de 2023.

Órgano competente: Servizo de Voluntariado e Participación.

Efectos: as entidades beneficiarias que a seguir se relacionan terán un prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do acto no Diario Oficial de Galicia, para emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos. Non o faceren comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e as demais responsabilidades que correspondan de conformidade co artigo 23.5 da orde; co artigo 28.10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño; e co artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Relación de expedientes:

Nº de exp.

Solicitante

NIF da entidade

Documentación requirida

2022/005

Fundación Amigos de la Barrera

G32321978

– Anexo IV: achegar o importe dos gastos xustificados consonte o art. 8, adaptar o número de horas das persoas voluntarias (art. 8.g), copia das nóminas e dos boletíns de cotización á Seguridade Social e o modelo 111 (art. 23.2.d).4)

– Memoria económica (art. 23.2.b)

– Documentación acreditativa do pagamento dos gastos de manutención e desprazamento ás persoas voluntarias (art. 23.2.d).2)

– Presentar os xustificantes de pagamento dos seguros para acreditar a cobertura durante toda a execución do proxecto (art. 23.2.d).3)

– Documentación xustificativa da existencia dunha contabilidade separada (art. 23.2.f)

– Relación nominal das persoas voluntarias participantes e acreditación de ter asinado o correspondente compromiso de colaboración (art. 18.6)

– Proxecto de actividades (art. 10.1.a): revisar o número de persoas beneficiarias e as horas das persoas voluntarias para que sexa acorde ao anexo de solicitude.

2022/007

Concello de Ames

P1500200I

– Anexo II (art. 23.3.b): debidamente asinado

– Anexo III (art. 23.3.c)

– Información e ligazón ao sitio web con información do apoio obtido (art. 23.3.e)

– Documentación xustificativa da existencia dunha contabilidade separada (art. 23.3.f)

– Anexo VIII (art. 23.3.g)

– Relación nominal das persoas voluntarias participantes e acreditación de ter asinado o correspondente compromiso de colaboración (art. 18.6).

2022/008

Agrupación de Monterrei e Cualedro

P3205100E

– Memoria xustificativa (art. 23.3.a), con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos na anualidade 2022

– Información e ligazón ao sitio web con información do apoio obtido (art. 23.3.e)

– Relación nominal das persoas voluntarias participantes e acreditación de ter asinado o correspondente compromiso de colaboración (art. 18.6).

2022/010

Concello das Pontes de García Rodríguez

P1507100D

– Xustificación da axuda concedida (art. 23.3)

– Relación nominal das persoas voluntarias participantes e acreditación de ter asinado o correspondente compromiso de colaboración (art. 18.6).

2022/011

Concello de Vedra

P1509000D

– Relación nominal das persoas voluntarias participantes e acreditación de ter asinado o correspondente compromiso de colaboración (art. 18.6).

2022/012

Concello da Pobra de Trives

P3206400H

– Xustificación da axuda concedida (art. 23.3)

– Relación nominal das persoas voluntarias participantes e acreditación de ter asinado o correspondente compromiso de colaboración (art. 18.6).

2022/015

Concello de Mos

P3603300I

– Memoria xustificativa, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos (art. 23.3.a)

– Anexo III (art. 23.3.c): indíquese a data de recoñecemento da obriga

– Conta xustificativa (art. 23.3.d)

– Información e ligazón ao sitio web con información do apoio obtido (art. 23.3.e)

– Documentación xustificativa da existencia dunha contabilidade separada (art. 23.3.f)

– Relación nominal das persoas voluntarias participantes e acreditación de ter asinado o correspondente compromiso de colaboración (art. 18.6).

2022/018

Asociación Cultural, Social, Ecolóxica e Económica Os Tres Reinos

G32345274

– Memoria económica (art. 23.2.b): complétese e asínese

– Anexo II (art. 23.2.c): asinado pola persoa secretaria

– Anexo IV (art. 23.2.d): gastos computables sen IVE

– Copia das facturas (art. 23.2.d): consonte o establecido no art. 8.f)

– Información e ligazón ao sitio web con información do apoio obtido (art. 23.2.e)

– Documentación xustificativa da existencia dunha contabilidade separada (art. 23.2.f)

– Anexo VIII (art. 23.2.g)

– Relación nominal das persoas voluntarias participantes e acreditación de ter asinado o correspondente compromiso de colaboración (art. 18.6).

2022/020

Fundación Eduardo Pondal

G70262951

– Memoria xustificativa (art. 23.2.a): corríxanse os datos do número de parellas e número de persoas voluntarias

– Memoria económica (art. 23.2.b)

– Información e ligazón ao sitio web con información do apoio obtido (art. 23.2.e)

– Documentación xustificativa da existencia dunha contabilidade separada (art. 23.2.f)

– Relación nominal das persoas voluntarias participantes e acreditación de ter asinado o correspondente compromiso de colaboración (art. 18.6).

2022/021

Asociación Esgaia Inserta

G16918641

– Xustificación da axuda concedida (art. 23.3)

– Relación nominal das persoas voluntarias participantes e acreditación de ter asinado o correspondente compromiso de colaboración (art. 18.6).

2022/023

Agrupación de Concellos de Vilar de Barrio, Laza e Xunqueira de Ambía

P3209000C

– Memoria xustificativa (art. 23.3.a): con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos na anualidade 2022 e corríxase orzamento

– Anexo II (art. 23.3.b): corríxase o importe da anualidade 2022

– Anexo III (art. 23.3.c)

– Acreditación de ter solicitados tres orzamentos (art. 23.3.d).2.5)

– Información e ligazón ao sitio web con información do apoio obtido (art. 23.3.e)

– Documentación xustificativa da existencia dunha contabilidade separada (art. 23.3.f)

– Relación nominal das persoas voluntarias participantes e acreditación de ter asinado o correspondente compromiso de colaboración (art. 18.6).

2022/024

Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia

G15450828

– Memoria xustificativa con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos (art. 23.2.a)

– Memoria económica (art. 23.2.b)

– Anexo II (art. 23.2.c): corríxanse cantidades

– Anexo IV (art. 23.2.d): aclárese a duración do contrato do persoal destinado ao proxecto, achéguese contrato e RNT de decembro

– Información e ligazón ao sitio web con información do apoio obtido (art. 23.2.e)

– Documentación xustificativa da existencia dunha contabilidade separada (art. 23.2.f)

– Anexo VIII (art. 23.2.g)

– Relación nominal das persoas voluntarias participantes e acreditación de ter asinado o correspondente compromiso de colaboración (art. 18.6).

2022/025

ONGD Senvalos

G70610282

– Memoria xustificativa con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos (art. 23.2.a)

– Memoria económica (art. 23.2.b)

– Anexo IV (art. 23.2.d)