Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2023 Páx. 18803

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro Tecnológico del Mar - Fundación Cetmar

ANUNCIO polo que se fai pública a resolución da exposición na web da listaxe provisional dos solicitantes admitidos e excluídos no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro.

A directora xerente do Cetmar, en virtude das competencias atribuídas polo Padroado da Fundación, anuncia a listaxe provisional dos solicitantes admitidos e excluídos para as seguintes prazas:

Sistema de concurso: (1) praza de técnico de área, ID número J19; (1) praza de técnico de área, ID número I98; (1) praza de técnico de proxectos, ID número P03.

Sistema de concurso-oposición: (1) praza de auxiliar técnico especialista de proxectos, ref. número C91; (6) prazas de técnico superior de proxectos: ID número M38, ID número E47, ID número S34, ID número C54, ID número S04, ID número D50.

Os aspirantes excluídos poderán emendar e disporán dun prazo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Vigo, 13 de marzo de 2023

Paloma Rueda Crespo
Directora xerente do Cetmar