Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2023 Páx. 18805

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo para cubrir dúas prazas de persoal técnico.

As prazas que se convocan son as seguintes: 2 técnicos/as superiores de proxecto (referencias: EUROCC2-23-TSP1; EUROCC2-23-TSP2).

O proxecto que se vai desenvolver é o National Competence Centres in the framework of EuroHPC Phase2 (EuroCC2).

Canto á modalidade contractual, subscribirase un contrato temporal de duración determinada, a xornada completa, regulado polo disposto na lexislación vixente que resulte de aplicación, en particular pola disposición adicional quinta do Real decreto lei 32/2021, do 28 de decembro, para a execución do citado proxecto EuroCC2, financiado pola Comisión Europea, no programa Digital-EUROHPC-JU-2022-NCC-01, para o cal se asinou o contrato número 101101903.

As bases do proceso selectivo están expostas na sede do Cesga (avenida de Vigo, s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo faranse públicas na páxina web do Cesga.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2023

Lois Orosa Nogueira
Director xerente da Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico
de Supercomputación de Galicia