Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2023 Páx. 18727

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2023 pola que se contrata persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade bioloxía (acuicultura), en virtude das probas selectivas convocadas pola Resolución do 12 de xullo de 2021.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución do 12 de xullo de 2021 (Diario Oficial de Galicia do 27 de xullo) para cubrir con persoal laboral fixo dúas prazas da categoría profesional técnico/a especialista de investigación, especialidade bioloxía (acuicultura), grupo III, unha vez comprobado que as persoas seleccionadas reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria e de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría profesional técnico/a especialista de investigación, especialidade bioloxía (acuicultura), as persoas que superaron o proceso selectivo pola quenda de acceso libre e que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo. As persoas seleccionadas formalizarán o seu contrato ante o Servizo de Xestión de Persoal, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Quenda de acceso libre

Número de orde

DNI

Apelidos e nome

1

***6515**

Silva Martínez, Alicia Ana

2

***7211**

Millán Lence, Rosendo