Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2023 Páx. 18800

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Moraña

ANUNCIO polo que se dá publicidade da Resolución do 13 de febreiro de 2023 pola que se aproban as bases e a convocatoria dunha praza vacante no cadro de persoal de oficial/a de primeira de servizos varios.

Mediante a Resolución da Alcaldía do 13 de febreiro de 2023 aprobáronse as bases e a convocatoria para cubrir a praza vacante no persoal municipal denominada persoal laboral fixo oficial/a de primeira servizos varios, polo sistema de concurso-oposición.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 35, do 20 de febreiro de 2023, aparecen integramente publicadas as bases que rexerán a convocatoria para a contratación da praza.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, na sede electrónica deste Concello (http://morana.sedelectronica.gal) e no taboleiro de anuncios.

Moraña, 21 de febreiro de 2023

José Cela Camiño
Alcalde presidente