Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2023 Páx. 19019

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2023, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado mediante a Resolución do 31 de maio de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 115, do 18 de xuño), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o cuarto exercicio do proceso selectivo pola quenda de acceso libre.

En sesión do 8 de marzo de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 16 de maio de 2022 (DOG núm. 97, do 20 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado mediante a Resolución do 31 de maio de 2021 (DOG núm. 115, do 18 de xuño),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade coa base II.1.3.4 da convocatoria, o cuarto exercicio do proceso selectivo pola quenda de acceso libre consiste na exposición oral de catro (4) temas extraídos ao chou, entre os que forman a parte III do anexo II do temario (un correspondente aos temas relativos á materia de administrativo, o segundo e o terceiro á materia de dereito tributario e o cuarto tema á materia de dereito orzamentario).

En virtude do previsto na citada base da convocatoria, mediante o Acordo deste tribunal, do 27 de febreiro de 2023, establecéronse os seguintes criterios de corrección, valoración e superación do exercicio:

O exercicio cualificarase de 0 a 40 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de 20 puntos.

Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar esta puntuación mínima.

Na exposición de cada tema puntuarase o nivel de coñecementos que a persoa aspirante demostre ter sobre o seu contido e valorarase que a exposición sexa coherente, estruturada e clara.

A cualificación total será o resultado da suma das puntuacións obtidas en cada tema.

Segundo. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas os días 6, 7 e 8 de marzo de 2023 ao cuarto exercicio do proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, no Portal web corporativo da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.4.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2023

Juan José Rodríguez Díaz
Presidente do tribunal