Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2023 Páx. 19085

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia (CISUG)

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo, polo sistema de acceso libre, ás prazas de persoal laboral fixo no marco de estabilización de emprego temporal.

Mediante a Resolución do 7 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do martes 27 de decembro), convocáronse as probas selectivas para cubrir unha praza de xestor/a de documentación e unha praza de técnico/a superior diplomado en informática pola quenda de acceso libre. Rematado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobadas e facer públicas as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que as listas provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas están na páxina web do Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia (CISUG) http://www.cisug.gal

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión remitirase unha instancia a través do formulario xeral do Rexistro da Sede Electrónica da USC dirixido ao Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia (CISUG):

https://sede.usc.es/sede/publica/persoais/rexistroEntrada/acceso.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2023

Julio E. Abalde Alonso
Presidente do CISUG