Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2023 Páx. 19081

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballeda de Avia

ANUNCIO das bases da convocatoria para provisión de persoal laboral fixo, auxiliar de axuda no fogar, polo proceso especial de estabilización de emprego temporal de longa duración.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 299, do 31 de decembro de 2022, e na sede electrónica do Concello publícanse integramente as bases que rexirán a convocatoria para a provisión de dez prazas de auxiliar de axuda no fogar, persoal laboral fixo, polo sistema de concurso, incluídas na oferta de emprego de 2022, publicada no BOP número 120, do 27 de maio, e no DOG número 102, do 30 de maio.

O prazo para presentar as instancias será de vinte días naturais, contados desde a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), tal como establecen as bases da convocatoria.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nelas.

Carballeda de Avia, 10 de marzo de 2023

O alcalde
P.D. (Decreto da Alcaldía do 2 de xullo de 2019)
Noemí Alonso Cubo
Concelleira delegada de Persoal