Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2023 Páx. 19026

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2023 pola que se modifica a do 30 de setembro de 2022 mediante a cal se convocou concurso de méritos para a provisión de postos de traballo do persoal funcionario de administración e servizos.

O 13 de outubro de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia a resolución da Universidade de Vigo, do 30 de setembro de 2022, pola que se convocou un concurso de méritos para a provisión de postos de traballo do persoal funcionario de administración e servizos.

Considerando que o establecido no punto 1.F, Traballo desenvolvido, da base sexta, Valoración de méritos, non inclúe suficientemente a totalidade de circunstancias que pode alegar o persoal concursante, acordouse coa representación sindical do persoal afectado modificar parcialmente as puntuacións.

En consecuencia, esta reitoría resolveu publicar a táboa coas puntuacións correspondentes ao punto 1.F da base sexta:

Niveis

Igual área

Anos

Diferente área

Anos

28

2,65

12,45

2,38

13,87

26

2,47

13,35

2,20

15,00

25

2,29

14,40

2,02

16,34

24

2,11

15,63

1,84

17,93

23

1,93

17,09

1,66

19,88

22

1,75

18,84

1,48

22,30

21

1,57

21,00

1,30

25,38

20

1,39

23,72

1,12

29,46

19-18

1,21

27,24

0,94

35,10

17-16

1,03

32,00

0,76

43,42

15 e inferiores

0,85

38,82

0,58

56,89

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, perante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 14 de marzo de 2023

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo