No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo, tramítase o recurso 390/2022 C (procedemento abreviado), interposto por Adolfo Corral Calviño fronte á desestimación presunta por silencio administrativo do recurso de alzada formulado contra a desestimación presunta da reclamación efectuada polo recorrente o 5 de abril de 2022, en que solicita a anulación das instrucións ditadas pola directora do Distrito Sanitario da Mariña en relación co procedemento de desfrute das vacacións no Hospital Público da Mariña para o ano 2022, mantendo vixentes as instrucións do ano 2021.
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2023
Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos