Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2023 Páx. 19424

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 17 de decembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 10 de marzo de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 8 de xullo de 2022 (DOG núm. 133, do 13 de xullo) e pola Resolución do 31 de agosto de 2022 (DOG núm. 168, do 5 de setembro) para cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro),

ACORDOU:

Primeiro. Convocar para a realización do terceiro exercicio da fase de oposición a persoa aspirante que a seguir se relaciona, que, de acordo co establecido nas bases da convocatoria, non acreditou estar en posesión do Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro) pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega.

DNI

Apelidos e nome

***7750**

Page Álvaro, Rubén

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, este terceiro exercicio da fase de oposición terá lugar o día 27 de marzo de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, na sala D do edificio administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela.

O exercicio constará de dúas probas:

– Primeira proba: consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego, elixido por sorteo entre dous textos propostos polo tribunal.

– Segunda proba: consistirá na tradución dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

O exercicio terá unha duración de sesenta (60) minutos.

A persoa aspirante deberá ir provista de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal, e de bolígrafo de cor azul.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Este exercicio valorarase como apto ou non apto e será necesario, para superalo, obter o resultado de apto. Corresponderá ao tribunal determinar o coñecemento da lingua galega de acordo co nivel do Celga requirido no proceso selectivo.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2023

Carlos Calzadilla Bouzón
Presidente do tribunal