Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2023 Páx. 19393

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publican as resolucións ditadas no procedemento de concesión de subvencións individuais destinadas ao programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa, dirixido ás persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, con cargo ao Fondo Social Europeo, programa operativo de emprego xuvenil 2022 (código de procedemento BS324A).

A Orde do 10 de agosto de 2022 establece as bases para a concesión de subvencións individuais destinadas ao programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa, dirixido ás persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil con cargo ao Fondo Social Europeo, programa operativo de emprego xuvenil (Diario Oficial de Galicia núm. 164, do 30 de agosto). Esta orde foi modificada pola Orde de 29 de setembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 186, do 29 de setembro), que ampliou o prazo de realización das prácticas formativas e o prazo de xustificación da subvención.

A finalidade deste programa é fomentar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil que non estean ocupadas nin integradas nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación e á adquisición da experiencia profesional necesaria para a súa incorporación ao mercado de traballo dunha maneira duradeira no tempo. Ademais, a mobilidade transnacional apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros que contribúen a aumentar a empregabilidade das persoas mozas. Estas subvencións están cofinanciadas nun 80 % polo Fondo Social Europeo.

De conformidade co artigo 2 das bases, a contía total do programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa 2022 é de 550.000,00 €, para o que existe crédito suficiente nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao ano 2022 no código de proxecto 2022 00109.

O artigo 12 da orde indica que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e a correspondente resolución deste procedemento, sen prexuízo do recollido no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Esta publicación producirá efectos de notificación. Con carácter complementario, serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (http://xuventude.xunta.es/).

O 10 de outubro de 2022 publícase no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 5 de outubro pola que se publica a Resolución do 4 de outubro de concesión de subvencións individuais destinadas ao programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa.

Entre as persoas beneficiarias tivo lugar a presentación dunha serie de renuncias á subvención concedida que, ao abeiro do disposto no artigo 18.2 da Orde do 10 de agosto de 2022 foron admitidas pola Resolución do 27 de outubro de 2022. Así mesmo, por non presentar no prazo e na forma o anexo II sobre a aceptación ou renuncia á subvención e o anexo III ou o compromiso da empresa ou entidade de prácticas, asinado por unha persoa responsable da dita empresa ou entidade prevista para a realización destas, de conformidade co artigo 18.1 da mencionada Orde do 10 de agosto de 2022, o 27 de outubro de 2022 dítase resolución declarando a perda do dereito á subvención concedida ao abeiro do disposto no número 2 do dito artigo 18. Por outra banda, contra a Resolución do 4 de outubro de 2022 interponse un recurso de reposición que foi estimado pola Resolución do 19 de outubro de 2022.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 27 de outubro de 2022, ditada no procedemento BS324A pola que se admite a renuncia presentada en relación con subvencións individuais concedidas destinadas ao programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa, dirixido ás persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, con cargo ao Fondo Social Europeo, programa operativo de emprego xuvenil, e que figura no anexo I á presente resolución.

Comunicar, que contra a resolución, poderase interpoñer o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 27 de outubro de 2022, ditada no procedemento BS324A, pola que se declara a perda de dereito en relación con subvencións individuais concedidas destinadas ao programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa, dirixido ás persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, con cargo ao Fondo Social Europeo, programa operativo de emprego xuvenil, e que figura no anexo II á presente resolución.

Comunicar que contra ela poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 19 de outubro de 2022, que estima o recurso de reposición interposto contra a Resolución do 4 de outubro de 2022 e que figura no anexo III á presente resolución.

Comunicar que contra a resolución, que esgota á vía administrativa, poderase interpoñer o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2023

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO I

Resolución do 27 de outubro de 2022 pola que se admiten as renuncias dentro
do procedemento de concesión de subvencións individuais destinadas ao
programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa, dirixido ás persoas
mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, con cargo ao
Fondo Social Europeo, programa operativo de emprego xuvenil 2022 (BS324A)

Feitos:

Entre as persoas beneficiarias que figuran na Resolución do 4 de outubro de 2022 tivo lugar a presentación dunha serie de renuncias á subvención concedida.

Fundamentos xurídicos:

De conformidade co disposto no artigo 16 da Orde do 10 de agosto de 2022, correspóndelle á persoa titular da dirección xeral competente en materia de xuventude, por delegación da conselleira de Política Social e Xuventude, a competencia para a adxudicación das axudas mediante a correspondente resolución. En virtude do disposto no artigo 18.1 da Orde do 10 de agosto de 2022, e o disposto no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, admítense as renuncias presentadas e que se relacionan no anexo desta resolución.

Con base no exposto,

RESOLVO:

Admitir as renuncias presentadas ás subvencións concedidas e que se relacionan no anexo.

De acordo co disposto no artigo 19.2 da orde anteriormente mencionada, poderase interpor potestativamente recurso de reposición, ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes que comezará a contar a partir do día seguinte ao da súa notificación desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, se esta for expresa. Se non o for, poderase interpor recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

A resolución será notificada mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia ao abeiro do disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e será obxecto de publicidade, con carácter complementario, na páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (http://xuventude.xunta.es).

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2022. A conselleira de Política Social e Xuventude. P.D. (Artigo 16 da Orde do 10.8.2022; DOG núm. 164, do 30 de agosto), Cristina Pichel Toimil, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Anexo

Relación de renuncias

Nº de exp.

Nome

Apelidos

NIF

País

Puntuación total

Orzamento

Nº de meses

Nº de días

2022/A/072

Jacobo

Baltasar Vázquez

***669**

Polonia

7,3

3.441,00 €

2

15

2022/A/017

Elisa

Osorio Novas

***125**

Irlanda

6,7

3.463,04 €

2

8

2022/A/059

Candela

González Campos

***944**

Azores

6,3

3.490,00 €

2

0

2022/A/022

Gara

López Bethencourt

***810**

Bélxica

6,3

3.141,75 €

2

15

2022/A/027

Lois

Fernández Fernández

***628**

Irlanda

6,1

3.078,00 €

2

0

2022/A/067

Patricia

Pallas Otero

***465**

R. Unido

6,1

3.494,00 €

2

0

2022/A/024

Adriana

González Pinto

***547**

Irlanda

5,9

3.078,00 €

2

0

2022/A/057

Daniel

Rivas Arévalo

***754**

Irlanda

4,3

3.078,00 €

2

0

2022/A/019

Michelle

Outeda Garcia

***166**

R. Unido

4,1

3.494,00 €

2

0

2022/A/002

Luis José

Boullosa Martínez

***734**

R. Unido

3,8

4.318,55 €

2

15

2022/A/044

Andrea María

Pérez Míguez

***672**

Irlanda

3,5

3.078,00 €

2

0

2022/A/025

Clara

Martínez Álvarez

***258**

Alemaña

3,3

3.206,65 €

2

15

2022/A/013

José Ramón

Santos López

***250**

R. Unido

2,8

4.318,55 €

2

15

2022/A/040

Elena

Bernárdez Neira

***045**

Irlanda

2,8

3.799,95 €

2

15

2022/A/062

Aldara

Palmeiro Pazos

***917**

R. Unido

2,8

3.494,00 €

2

0

2022/A/021

Lara

Caeiro De Soto

***106**

Italia

2,6

3.515,70 €

2

15

2022/A/046

Raquel

Vázquez Nieto

***095**

Irlanda

2,6

2.928,00 €

2

0

2022/A/028

Xoel

Ferreiro Ponte

***357**

Finlandia

2,4

3.490,45 €

2

15

ANEXO II

Resolución do 27 de outubro de 2022 pola que se declaran as perdas de
dereito, dentro do procedemento de concesión de subvencións individuais
destinadas ao programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa, dirixido ás persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil,
con cargo ao Fondo Social Europeo, programa operativo
de emprego xuvenil 2022 (BS324A)

Feitos:

Entre as persoas beneficiarias da concesión das subvencións ao abeiro da Orde do 10 de agosto de 2022, concorre a ausencia da presentación en prazo e forma da documentación indicada no artigo 18.1 da mencionada orde do anexo II sobre a aceptación ou renuncia á subvención e o anexo III ou o compromiso da empresa ou entidade de prácticas, asinado por unha persoa responsable da dita empresa ou entidade prevista para a realización destas. A documentación foi requirida dando audiencia ás persoas interesadas.

Fundamentos xurídicos:

De conformidade co disposto no artigo 16 da Orde do 10 de agosto de 2022, correspóndelle á persoa titular da dirección xeral competente en materia de xuventude, por delegación da conselleira de Política Social e Xuventude, a competencia para a adxudicación das axudas mediante a correspondente resolución.

En virtude do disposto no artigo 18.2 da Orde do 10 de agosto de 2022, respectando o trámite de audiencia da persoa beneficiaria, apreciase causa da perda do dereito á subvención concedida ao abeiro do disposto no número 2 do dito artigo 18, polo que de conformidade co dito artigo e nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro,

RESOLVO:

Declarar a perda do dereito ás subvencións concedidas en relación coas persoas que se relacionan no anexo.

De acordo co disposto no artigo 19.2 da orde anteriormente mencionada, poderase interpor potestativamente recurso de reposición, ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes que comezará a contar a partir do día seguinte ao da súa notificación desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, se esta for expresa. Se non o for, poderase interpor recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

A resolución será notificada mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia ao abeiro do disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e será obxecto de publicidade, con carácter complementario, na páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (http://xuventude.xunta.es).

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2022. A conselleira de Política Social e Xuventude. P.D. (Artigo 16 da Orde do 10.8.2022; DOG núm. 164, do 30 de agosto), Cristina Pichel Toimil, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Anexo

Relación de persoas con perda de dereito

Nº de exp.

Nome

Apelidos

NIF

País

Puntuación total

Orzamento

Nº de meses

Nº de días

2022/A/010

Bárbara

Barbeito Gende

***405**

Irlanda

2,8

3.649,95 €

2

15

2022/A/042

Aroa

Sánchez Fernandes

***169**

P. Baixos

2,6

3.228,60 €

2

10

2022/A/047

María

Pulgar Méndez Benegassi

***245**

R. Unido

6,5

4.168,55 €

2

15

2022/A/058

María Eugenia

Martínez Quintana

***985**

Alemaña

3,7

3.206,65 €

2

15

2022/A/082

Blanca

Quintanilla Pérez

***375**

P. Baixos

3,2

2.794,00 €

2

0

2022/A/089

Sara

Cardalda Mariño

***956**

Dinamarca

3

4.273,70 €

2

15

ANEXO III

Resolución do 19 de outubro de 2022 pola que se estima o recurso de
reposición interposto, dentro do procedemento de concesión de subvencións individuais destinadas ao programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa, dirixido ás persoas mozas inscritas no Sistema nacional de
garantía xuvenil, con cargo ao Fondo Social Europeo, programa operativo de emprego xuvenil 2022 (código de procedemento BS324A)

Examinado o recurso de reposición interposto pola persoa interesada contra a Resolución do 4 de outubro de 2022 de concesión de subvencións individuais destinadas ao programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa, dirixido ás persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, con cargo ao Fondo Social Europeo, programa operativo de emprego xuvenil (expediente BS324A.2022/A/070), resultan os seguintes,

Antecedentes de feito:

Primeiro. A Orde do 10 de agosto de 2022 establece as bases para a concesión de subvencións individuais destinadas ao programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa dirixido ás persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil con cargo ao Fondo Social Europeo, programa operativo de emprego xuvenil (Diario Oficial de Galicia núm. 164, do 30 de agosto). Esta orde foi modificada pola Orde de 29 de setembro de 2022, (Diario Oficial de Galicia núm. 186, do 29 de setembro), que ampliou o prazo de realización das prácticas formativas e o prazo de xustificación da subvención.

Segundo. O 10 de outubro de 2022, publícase no Diario Oficial de Galicia núm. 193, do 10 de outubro, por Resolución do 5 de outubro de 2022, da Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Resolución do 4 de outubro de 2022 de concesión de subvencións destinadas ao programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa.

No anexo II da citada Resolución do 4 de outubro de 2022 recóllese a relación das persoas ás que se lle denega a subvención e detállanse as causas de exclusión.

A persoa interesada do expediente BS324A.2022/A/070 foi excluída por non estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT (artigo 9.1.f).

Terceiro. O 13 de outubro de 2022 ten entrada polo Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia o escrito da persoa interesada polo que se interpón un recurso de reposición contra a citada Resolución do 4 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, en que alega que non incorre na causa de exclusión pola que se lle denega a subvención e presenta xustificante de estar ao día no pagamento e obrigas tributarias coa AEAT (artigo 9.1.f).

Fundamentos xurídicos:

Primeiro. No recurso interposto apréciase a concorrencia dos requisitos determinantes da súa admisión a trámite como é a personalidade suficiente e lexitimación da parte recorrente, así como a súa interposición en tempo e forma.

Corresponde a súa resolución á directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado por delegación da conselleira de Política Social e Xuventude, en virtude do establecido na disposición adicional segunda da Orde do 10 de agosto de 2022, e no artigo 2.d) da Orde do 3 de marzo de 2016 sobre delegación de competencias nos órganos de dirección e nos/nas xefes/as das xefaturas territoriais de esta.

Segundo. A persoa recorrente achega co recurso un certificado da Axencia Estatal de Administración Tributaria, do 13 de outubro de 2022,en que se indica que se atopa ao día nas súas obrigas tributarias de conformidade co disposto no artigo 74 do Regulamento xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos, aprobado polo Real decreto 1065/2007, do 27 de xullo. Polo tanto, queda acreditado que o recorrente non se encontra en ningunha das situacións de prohibición recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, polo que procede concederlle a subvención solicitada.

Vistos os antecedentes citados, e tendo en conta o disposto nos artigos 13 a 15 da citada orde e os demais preceptos normativos de xeral e pertinente aplicación, esta dirección xeral,

RESOLVE:

1. Estimar o recurso de reposición interposto e conceder á persoa interesada recorrente a subvención convocada na dita orde de convocatoria con cargo á aplicación orzamentaria 13.06.313A.480.0:

Orde

Nº de exp.

Nome

Apelidos

NIF

País

Puntuación

total

Orzamento

Nº de meses

Nº de días

5

2022/A/070

Denis

Carballas Riveiro

***1746**

R. Unido

7,8

4.168,55 €

2

15

As prácticas poderán comenzar a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, sempre que a persoa beneficiaria presente o anexo II de aceptación da subvención e entregue o anexo III de aceptación da empresa de prácticas. Deberán finalizar, como data límite, o 22 de decembro de 2022.

2. A finalidade deste programa é fomentar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil que non estean ocupadas nin integradas nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación e á adquisición da experiencia profesional necesaria para a súa incorporación ao mercado de traballo dunha maneira duradeira no tempo. Ademais, a mobilidade transnacional apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros que contribúen a aumentar a empregabilidade das persoas mozas.

Estas subvencións están cofinanciadas nun 80 % polo Fondo Social Europeo.

Eixe 1B. Fomento do emprego sustentable e de calidade e mobilidade laboral.

Prioridade de investimento 8.2: integración sustentable no mercado de traballo das persoas mozas, en particular daquelas, sen traballo e non integradas nos sistemas de educación ou formación, así como as persoas mozas que corren o risco de sufrir exclusión social e os procedentes de comunidades marxinadas, tamén a través da aplicación de Garantía Xuvenil.

Obxectivo específico 8.2.2: reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas mozas non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación.

Medida 8.2.2.8: programas de mobilidade para a mellora das competencias profesionais.

De conformidade co artigo 2 das bases a contía total do programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa 2022 é de 550.000,00 €, para o que existe crédito suficiente nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022 no código de proxecto 2022 00109.

Os gastos subvencionables e a contía da subvención recóllense no artigo 6 da Orde do 10 de agosto de 2022.

A determinación do importe da subvención realizarase consonte un baremo estándar de custos unitarios por participante que varía en función do país de destino, duración das prácticas e se solicita apoio lingüístico.

Para dar cumprimento aos requisitos de información e comunicación previstos nos anexos I e II do Regulamento (UE) nº 1304/2013 (modificado polo Regulamento 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018), poñeranse á disposición das persoas beneficiarias a través da aplicación informática Participa 1420 os cuestionarios de indicadores de produtividade, resultado inmediato e de resultado a longo prazo, garantindo a integridade dos datos e a depuración automática da información.

3. A persoa beneficiaria disporá dun prazo de 10 días hábiles, contados desde a recepción da notificación, para achegar o anexo II da orde de convocatoria aceptando ou renunciando á subvención e, no caso de solicitar o anticipo previsto no artigo 21.2 da orde, terá que indicalo no mesmo anexo.

No mesmo prazo de 10 días hábiles deberá presentar, sempre que non o presentase con anterioridade, o anexo III da orde de convocatoria ou compromiso de empresa/entidade de prácticas. O anexo deberá estar asinado pola persoa responsable da empresa/entidade.

A non presentación dos anexos II e III en prazo e forma comporta a declaración da perda do dereito á subvención.

4. A xustificación da subvención realizarase con data límite do 30 de decembro de 2022, para o cal se achegará a documentación recollida no artigo 20 da orde de convocatoria.

Unha vez recibida e comprobada a documentación xustificativa, poderase proceder ao pagamento da subvención concedida. No caso de que o gasto xustificado sexa inferior ao orzamento da subvención e no caso de incumprimento de obrigas, a contía da subvención será minorada de maneira proporcional e seguindo os criterios sinalados no artigo 23.

De conformidade co previsto nos números 1 e 3 do artigo 63 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, as persoas mozas beneficiarias poderán solicitar, na forma e no prazo establecidos no artigo 18.1, o pagamento anticipado do 80 % da subvención concedida, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á actividade subvencionada.

O pagamento do 20 % restante do importe concedido realizarase tras a presentación da xustificación final da subvención.

5. As subvencións concedidas condicionaranse ao cumprimento de todas as obrigas establecidas no artigo 22 da Orde do 10 de agosto de 2022:

a) Manter contacto coa dirección xeral competente en materia de xuventude desde o momento en que resultan beneficiarios/as, especialmente durante a realización das estadías formativas e durante o ano seguinte á finalización das prácticas.

b) Asistir ás reunións informativas e xornadas formativas ás cales sexan convocadas pola dirección xeral competente en materia de xuventude, tanto previas á saída, como durante a estadía formativa, ou á volta das prácticas.

c) Cubrir os cuestionarios relativos aos indicadores de produtividade e de resultados, cos datos que lles sexan solicitados de entre os establecidos no anexo VII da Orde do 10 de agosto de 2022, no prazo de 10 días hábiles, desde que os referidos cuestionarios estean á súa disposición a través da aplicación Participa 1420.

d) Remitirlle á dirección xeral competente en materia de xuventude, de conformidade co artigo 7:

1º. Ata 3 días antes de comezar as prácticas, copia da obrigatoria póliza de accidentes e seguro de responsabilidade civil e da tarxeta sanitaria europea ou seguro médico equivalente.

2º. No prazo máximo de 3 días desde que se inicien as prácticas deberán enviar un correo electrónico onde se indique:

2º.1. Se existe ou non algunha variación nos datos indicados no anexo III da orde de convocatoria.

2º.2. O calendario de realización das prácticas, no cal se indique claramente a data de comezo e fin, os días laborables por semana e o horario.

3º. A comunicación da interrupción ou abandono das prácticas no prazo máximo de 3 días seguintes contados desde o acontecemento do feito, con motivación das causas.

4º. Comunicar e motivar o cambio de empresa/entidade de prácticas e remitir un novo anexo III cuberto coa aceptación da nova empresa no prazo máximo de 3 días seguintes, contados desde a realización do cambio. En ningún caso se poderá admitir un cambio de empresa a outro país de destino se este cambio supón un aumento de contía nas subvencións concedidas.

e) Realizar a totalidade da mobilidade solicitada, sen incumprimento do horario nin faltas de asistencia non xustificadas. Isto, sen prexuízo das compensacións horarias e de días de asistencia que se poidan facer de acordo coa empresa ou entidade de prácticas.

f) Observar un código de conduta ético nas empresas/entidades onde se realicen as prácticas e, en xeral, no transcurso da mobilidade.

g) Cumprir coas normas e recomendacións sanitarias para facer fronte á COVID-19 que sexan de aplicación en cada un dos países de destino.

h) Con carácter previo á concesión e aos pagamentos da subvención, estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e non ter débedas pendentes de ningunha natureza coa Comunidade Autónoma de Galicia.

i) Someterse ás actuacións de comprobación efectuadas pola Consellería de Política Social e Xuventude, ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Consello de Contas, así como do Tribunal de Contas, as relativas ás verificacións que poidan realizar os organismos implicados na xestión e seguimento do Fondo Social Europeo e da IEX e as que poidan corresponder no suposto de cofinanciamento á Comisión e ao Tribunal de Contas das Comunidades Europeas.

j) Manter unha pista de auditoría suficiente, conservar os documentos orixinais ou copias debidamente compulsadas ou ben en soportes de datos comunmente aceptados, en especial versións electrónicas de documentos orixinais ou documentos existentes unicamente en versión electrónica, xustificativos da actuación realizada e da aplicación dos fondos recibidos, en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control. A dispoñibilidade dos documentos será de dous anos, contados a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas anuais en que estean incluídos os gastos definitivos da operación concluída, de conformidade co disposto no artigo 140.1 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control. O comezo dese prazo será oportunamente comunicado pola Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos.

k) Cumprir cantas obrigas deriven da normativa de aplicación do cofinanciamento polo Fondo Social Europeo.

l) Comunicarlle á dirección xeral competente en materia de xuventude as modificacións que se produzan nos requisitos e condicións que determinaron a concesión da axuda. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza.

m) Comunicarlle á dirección xeral competente en materia de xuventude, a obtención doutras axudas para o mesmo concepto. Ao respecto, a persoa solicitante debe incluír no anexo I da orde de convocatoria a declaración relativa a outras axudas e, con posterioridade á presentación da solicitude, comunicar a súa obtención, de ser o caso (anexo VI da orde de convocatoria).

n) Subministrar á Administración concedente a información necesaria ao abeiro do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 8 de xaneiro.

ñ) Cumprir cos requisitos e obrigas recollidas nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 3 de xuño, e coas restantes obrigas contidas nesta orde e demais normativa.

Contra esta resolución, que é definitiva na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2022. A conselleira de Política Social e Xuventude. P.D. (Orde de 3.3.2016; DOG núm. 54, do 18 de marzo), Cristina Pichel Toimil, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.