Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 2023 Páx. 19756

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 27 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade dos parques de cultivos mariños cos números 120-B, 121-C e 121-H.

Mediante este anuncio faise público que, pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar do 24 de febreiro de 2023, se autorizou a transmisión da titularidade dos parques de cultivos mariños que a seguir se describen:

– Parque 1:

Identificación e localización: parcela número 120-B dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 78,20 m2.

Data da resolución do outorgamento: 1.7.2019 (DOG núm. 131, do 11 de xullo).

Remate da vixencia: 12.7.2029.

– Parque 2:

Identificación e localización: parcela número 121-C dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 41,00 m2.

Data da resolución do outorgamento: 1.7.2019 (DOG núm. 131, do 11 de xullo).

Remate da vixencia: 12.7.2029.

– Parque 3:

Identificación e localización: parcela número 121-H dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 89,92 m2.

Data da resolución do outorgamento: 1.7.2019 (DOG núm. 131, do 11 de xullo).

Remate da vixencia: 12.7.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: inter vivos.

Actual titular: María del Carmen Núñez García (***3041**).

Novos titulares: Joaquín Eduardo Lastra Gamarra (***2793**) e Concepción Núñez Lorenzo (***3281**).

Os novos titulares subróganse no prazo, nos dereitos e nas obrigas da anterior.

Condicións particulares baixo as cales se autoriza a transmisión da titularidade: os titulares deberán achegar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.

Vigo, 27 de febreiro de 2023

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo