Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 2023 Páx. 19768

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

ANUNCIO do 6 de marzo de 2023 polo que se notifica a resolución de desistencia e arquivamento das solicitudes de validación do carné fitosanitario (expediente DF093/2022 e catro máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, notifícaselles ás persoas titulares que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución de desistencia e arquivamento das solicitudes.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), nas dependencias da Área de Formación, Innovación e Investigación Agraria, Departamento de Formación, sitas no Edificio Administrativo, Avenida do Camiño Francés, nº 10, baixo, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas ao vencer o prazo indicado para comparecer.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2023

José Luis Cabarcos Corral
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

ANEXO

Procedemento

Persoas que se notifican

Data do acto que se notifica

Nº de expediente

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios (código MR203B)

Constante Espada Rial

22.7.2022

DF093/2022

Juan Carlos Piñeiro Cambre

8.6.2022

DF032/2022

Santiago Vizcaya Cives

30.8.2022

DF107/2022

Pablo Amado Fuentes

19.7.2022

DF070/2022

Yolanda Lorenzo Rodríguez

21.8.2022

DF090/2022