Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 2023 Páx. 19774

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO referente á convocatoria dos procesos selectivos para a provisión de varias prazas de persoal laboral fixo e funcionario incluídas na oferta de emprego público extraordinaria do ano 2022 de estabilización do emprego.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 245, do 28 de decembro de 2022, publicáronse os anuncios relativos ás bases así como as convocatorias que rexerán os seguintes procedementos de selección das seguintes prazas incluídas na oferta de emprego público extraordinaria do ano 2022, de estabilización do emprego do Concello de Oroso:

Sistema selectivo de concurso:

– Unha praza de auxiliar técnico/a de biblioteca e cultura, persoal funcionario.

– Unha praza de técnico/a de deportes, persoal funcionario.

– Unha praza de profesor/a-encargado/a da aula de informática, persoal funcionario.

– Dúas prazas de operario/a de limpeza, persoal laboral fixo.

– Dúas prazas de condutor/a-tractorista, persoal laboral fixo.

– Unha praza de conserxe, persoal laboral fixo.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan, publicaranse de acordo co previsto nas súas bases reguladoras.

Oroso, 24 de febreiro de 2023

Luis Rey Villaverde
Alcalde