Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 2023 Páx. 19787

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO das bases da convocatoria do procedemento selectivo para a provisión, como funcionario/a de carreira, da praza incluída na oferta de emprego do ano 2022 como arquitecto/a técnico/a, polo sistema de concurso-oposición libre.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 55, do 8 de marzo de 2023, publícanse integramente as bases da convocatoria do procedemento selectivo para a provisión, como funcionario/a de carreira, da praza incluída na oferta de emprego do ano 2022 como arquitecto/a técnico/a, polo sistema de concurso-oposición libre, no Concello de Sarria.

De conformidade co previsto nas referidas bases, o prazo para presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE.

Os sucesivos actos e comunicacións que se deriven da celebración deste proceso selectivo faranse públicos a través do taboleiro de edictos na sede electrónica https://sarria.sedelectronica.es

Sarria, 10 de marzo de 2023

Claudio Melquiades Garrido Martínez
Alcalde