Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2023 Páx. 20020

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 9 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia en dilixencias por incumprimento en materia de montes.

De conformidade co disposto no artigo 68.bis.3 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e debido á infrutuosa notificación dun requirimento para a retirada dunha repoboación forestal ilegal, notifícaselle ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O acto foi adoptado polo xefe do Servizo de Montes.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla, núm. 70, das 9.00 ás 13.00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte á súa finalización.

Lugo, 9 de marzo de 2023

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

NIF das persoas interesadas

Referencia catastral das parcelas afectadas

Acto de notificación

DMM 266/2022

Descoñecido

27031B005001360000MM

Requirimento

DMM 54/2022

Descoñecido

27031A041001980000YB

Requirimento