Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2023 Páx. 20007

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 8 de marzo de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PO 448/2021 fronte á Resolución do 31 de maio de 2021 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2 escala técnica de finanzas (Diario Oficial de Galicia número 115, do 18 de xuño), así como fronte aos decretos 160/2018, do 13 de decembro (Diario Oficial de Galicia número 239, do 17 de decembro), e 33/2019, do 28 de marzo (Diario Oficial de Galicia número 67, do 5 de abril), polos que se aproban as ofertas de emprego público correspondentes ás prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2018 e 2019.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PO 448/2021 fronte á Resolución do 31 de maio de 2021 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2 escala técnica de finanzas (DOG núm. 115, do 18 de xuño), así como fronte aos decretos 160/2018, do 13 de decembro (DOG núm. 239, do 17 de decembro), e 33/2019, do 28 de marzo (DOG núm. 67, do 5 de abril), polos que se aproban as ofertas de emprego público correspondentes ás prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2018 e 2019.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, o envío do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos á referida sala no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da súa publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2023

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública