O Consello Reitor do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), na súa xuntanza do 22 de decembro de 2022, acordou aprobar as bases da convocatoria que rexerán o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías/grupos II (técnico/a grao medio) e IV (auxiliar administrativo/a) da entidade instrumental ACSUG. No mesmo acordo, o Consello Reitor outorgou á Dirección da ACSUG a competencia para ditar todas as resolucións necesarias para desenvolver o dito proceso selectivo.
O 29 de decembro de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Resolución do 23 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías/grupos da entidade instrumental ACSUG, que figuran convocadas na oferta pública de emprego extraordinaria recollida no Decreto 79/2022, do 25 de maio, da Consellería de Facenda e Administración Pública (Xunta de Galicia).
O ordinal primeiro do punto 5 da base I da citada convocatoria establece que, unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, a Dirección da ACSUG aprobará as listaxes provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas, a través dunha resolución que será publicada no DOG, con indicación dos seus apelidos, do nome e das catro cifras numéricas aleatorias do documento nacional de identidade, e das causas de exclusión que, de ser o caso, procedan.
De conformidade co exposto,
RESOLVO:
Primeiro
Apróbase a listaxe provisional dos aspirantes á praza correspondente ao grupo II, categoría 007 (técnico/a de grao medio).
DNI |
Nome |
Solicitude |
Celga 4 |
***5982** |
Cabezas Vilas, María Jesús |
Admitida |
Si |
***3089** |
Canosa Rey, Jesús |
Admitida |
Si |
***9841** |
Hermida Bejarano, Isidro |
Admitida |
Si |
***3406** |
Iglesias Domínguez, Francisco Javier |
Excluída (1) |
Si |
***2187** |
Mallo Rey, Marta |
Admitida |
Si |
***6110** |
Vázquez Froján, Luisa María |
Admitida |
Si |
(1) Non se xustifica o título de grao, diplomatura universitaria ou titulación equivalente que, como consecuencia da implantación de novos estudos adaptados ás sucesivas reformas educativas, viñeron a substituír as titulacións extinguidas.
Segundo
Apróbase a listaxe provisional dos aspirantes ás prazas correspondentes ao grupo IV, categoría 001 (auxiliar administrativo).
DNI |
Nome |
Solicitude |
Celga 3 |
***2419** |
Couceiro Novais, María Virtudes |
Admitida |
Si |
***9671** |
Domínguez Martínez, Santiago |
Admitida |
Si |
***9841** |
Hermida Bejarano, Isidro |
Admitida |
Si |
***3406** |
Iglesias Domínguez, Francisco Javier |
Admitida |
Si |
***6554** |
Lameiro Ces, Antonio Manuel |
Admitida |
Non |
***2864** |
Lesta Chapela, Edurne |
Admitida |
Si |
***0160** |
Souto Fidalgo, María Belén |
Admitida |
Si |
***9940** |
Vieito Díaz, Luz María |
Admitida |
Si |
***9158** |
Viñas Mayo, Rubén |
Admitida |
Si |
Terceiro. Acreditación de Celga
As persoas aspirantes que non acreditaron estar en posesión do título Celga, ou título equivalente homologado, exixido no grupo e na categoría correspondente, deberán superar unha proba tipo test de coñecemento da lingua galega nos termos establecidos na base II da convocatoria.
Non obstante, e de conformidade co indicado na citada base II, estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acrediten, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación no DOG desta resolución, que posúan, antes do día de finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación no proceso selectivo, o título de Celga requirido (de acordo co establecido no punto I.3.4 da convocatoria) ou equivalente, debidamente homologado, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).
Cuarto. Período de alegacións
As persoas aspirantes excluídas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte da publicación desta resolución no DOG, para poder emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión da solicitude ou, de ser o caso, para acreditar estar en posesión do título do Celga ou título equivalente homologado, exixido no grupo e na categoría correspondente.
Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2023
José Eduardo López Pereira
Director da Axencia para a Calidade
do Sistema Universitario de Galicia