Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2023 Páx. 20024

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2023 pola que se notifica a resolución ditada no expediente IG204.2016.1.41 e dous máis.

Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante esta resolución, notifícaselles ás persoas interesadas o contido das resolucións, que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015. Advírteselles ás persoas interesadas de que contra as resolucións, as cales esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Non obstante, previamente poderán interpoñer un recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Os expedientes póñense de manifesto ás persoas interesadas neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2023

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego
de Promoción Económica

ANEXO

Nº expediente

NIF/razón social

Programa de axudas

Data resolución

Órgano que dita a resolución

Notificación

IG204.2016.1.41

79171251F

Programa apoio financeiro ás pemes. Axudas para a bonificación dos custos do financiamento das pemes de Galicia, titulares de préstamos superiores a 25.000 €. Resolución do 2 de agosto de 2016 (DOG núm. 154, do 17 de agosto).

2.11.2022

Director xeral do Igape

Resolución de expediente de incumprimento total

IG206.2016.1.63

Natur Vida, S.C.

Programa Microcréditos. Axudas para a bonificación dos custos do financiamento dos investimentos das microempresas de Galicia, titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 €. Resolución do 2 de agosto de 2016 (DOG núm. 153, do 12 de agosto).

2.11.2022

Director xeral do Igape

Resolución de expediente de incumprimento total

IG206.2017.1.53

32764145R

Liña Microempresas. Axudas para a bonificación dos custos dos autónomos e as microempresas de Galicia, titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 €. Resolución do 14 de xullo de 2017 (DOG núm. 142, do 27 de xullo).

2.11.2022

Director xeral do Igape

Resolución de expediente de incumprimento total