Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2023 Páx. 20254

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pantón

ANUNCIO de convocatoria de proceso selectivo para a provisión en propiedade, como funcionarios/as de carreira, de tres (3) prazas de auxiliar administrativo/a incluídas na oferta de emprego público para o ano 2021.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 64, do 18.3.2023, así como no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Pantón (https://panton.sedelectronica.gal/info.0), publicáronse a convocatoria e, integramente, as bases que rexerán a convocatoria para cubrir en propiedade, como funcionarios/as de carreira, tres (3) prazas de auxiliar administrativo/a, encadradas na escala da Administración xeral, subescala auxiliar, grupo C, subgrupo C2, vacantes no cadro de persoal e incluídas na oferta de emprego público de 2021, mediante o sistema de oposición libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín de Oficial da provincia de Lugo e/ou nos taboleiros de anuncios deste concello e na súa sede electrónica, na forma prevista nas propias bases.

Pantón, 20 de marzo de 2023

José Luis Álvarez Blanco
Alcalde