Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2023 Páx. 20122

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2023 pola que se convocan as actividades formativas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.

Aprobado polo Consello Reitor o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2023, de conformidade co artigo 6.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da EGAP,

RESOLVO:

Convocar as actividades formativas que figuran no anexo II, que se deberán desenvolver segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2023

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Bases

Primeira. Requisitos das persoas participantes

1. Poderán participar nas actividades formativas convocadas mediante esta resolución o persoal empregado público e as persoas integrantes das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa, auxilio xudicial e médicos forenses da Administración de xustiza en Galicia en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria.

2. As persoas solicitantes de actividades impartidas na modalidade de teleformación deberán dispor dunha conta de correo electrónico, cuxo enderezo terán que indicar na solicitude, e dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un ordenador con conexión á internet.

– Un navegador web actualizado.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

Os cursos realizaranse cos requirimentos, duración e condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.

Terceira. Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 31 de marzo de 2023.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>, desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

2. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco.

3. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

4. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

5. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (discapacidade ou permisos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral), de acordo cos criterios de selección, deben cubrir na súa área de matrícula todos os campos marcando o recadro de verificación de que están nalgunha destas situacións específicas, e remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A dita documentación deberase enviar por unha única das vías indicadas; en caso contrario, só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberase presentar dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

7. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54 e 981 54 63 35 e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas).

Cuarta. Comprobación de datos

1. Conforme o disposto no artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a tramitación do procedemento de selección consultaranse automaticamente os datos das persoas solicitantes das accións formativas, necesarios para realizar o proceso de selección, salvo que a persoa interesada se opoña a iso. Neste caso, a persoa interesada deberá indicalo, incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular, e achegar ademais unha copia dos documentos a cuxa consulta se opón, a través do seguinte enderezo electrónico: xestion.egap@xunta.gal

2. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

3. A EGAP poderá pedir as certificacións necesarias para realizar a selección de acordo cos criterios recollidos nesta convocatoria.

Quinta. Criterios de selección

1. Os criterios que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na páxina web da EGAP e que poderán ser consultados na seguinte ligazón https://egap.xunta.gal/ecloud/s/eBXtEfnF8MGqCJB, sen prexuízo dos criterios específicos establecidos na epígrafe Persoal destinatario de cada actividade formativa incluída no anexo II desta resolución.

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG núm. 58, do 25 de marzo). Para o ano 2023, segundo a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 23 de xaneiro (DOG núm. 18, do 26 de xaneiro), comezarase pola letra V.

2. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso, poderase completar o número de alumnos/as asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> a relación das persoas admitidas, en reserva e excluídas para participar en cada curso, de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

O prazo de presentación de alegacións será de dez días desde a súa publicación, de acordo co artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Logo de transcorrer o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso. Contra esta listaxe poderase interpoñer recurso de alzada, no prazo dun mes desde a dita publicación, de acordo co disposto polos artigos 112.1, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sétima. Cambios ou substitucións na selección. A renuncia. A asistencia e o seguimento das actividades formativas

1. Os cambios ou as substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia.

a) As persoas seleccionadas poderán renunciar á actividade formativa. A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP cunha antelación de tres días ao do inicio da actividade formativa. Na páxina web da Escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar, ademáis do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

b) As persoas que incumpran o prazo previsto pasarán ao final das listas de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade, agás que a renuncia teña algunha das seguintes causas:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos/das responsables dos centros directivos.

– Por razóns de conciliación familiar.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

3. A asistencia e o seguimento das actividades formativas:

3.1 Seguimento das actividades presenciais:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

c) As faltas de asistencia:

1. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas. En todo caso, as faltas de asistencia deberanse xustificar documentalmente ante as persoas responsables da actividade formativa nun prazo máximo de dez (10) días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o dito anteriormente perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas pasarán ao final das listas de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3.2. Seguimento das actividades de teleformación:

As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listas de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Oitava. Superación da actividade formativa

Para poder superar as actividades formativas, será necesario cumprir os seguintes requisitos:

a) Para as actividades presenciais: cumprir coa porcentaxe de asistencia indicada no punto 3.1, alínea c), e superar unha proba de avaliación que se realizará ao final delas.

b) Para as actividades de teleformación:

– A adecuada realización de todas as actividades que o.a titor.a propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final.

– A superación dunha proba de avaliación final en liña.

Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas en que estas terán lugar. Nestas actividades as probas de avaliación finais serán en liña. A EGAP informará, a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación, das datas concretas e das horas da proba final.

Novena. Certificado de aproveitamento

Para a obtención do certificado de aproveitamento, o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que declare apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba.

Non se expedirán certificados de asistencia sen a superación do curso.

Décima. Facultades da EGAP

1. A EGAP resolverá aquelas incidencias que se poidan producir no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas, e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o exixan as circunstancias que afecten a súa organización ou docencia. Tamén lle corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e o cumprimento desta resolución.

2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario adecuado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.

3. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso en que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas, previstos na normativa vixente.

4. A EGAP poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da Escola.

5. A EGAP garantirá, na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria, a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código

Denominación

Prazas

Horas

Persoal destinatario

Cualificación

Modalidade

Data de inicio

Data de fin

Data e horasora do exame final

Coñecementos transversais

FX23029

Prácticas preventivas ante agresións para o persoal de atención ao público

50

25

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aproveitamento

Teleformación

21.9.2023

16.10.2023

19.10.2023 17.00 horas

FX23030

Prevención de riscos laborais en oficinas e despachos

50

15

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aproveitamento

Teleformación

9.11.2023

24.11.2023

28.11.2023 17.00 horas

Itinerarios formativos

FX23005

A custodia compartida nas crises matrimoniais

50

17

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. Traballadores e axentes sociais da Administración local, persoal dos puntos de encontro e persoal dos servizos de mediación familiar da Comunidade Autónoma.

Aproveitamento

Teleformación

12.6.2023

28.6.2023

3.7.2023 18.00 horas

18.9.2023

5.10.2023

10.10.2023 17.00 horas

FX23006

A prisión provisional como medida cautelar persoal no proceso penal

50

30

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aproveitamento

Teleformación

15.5.2023

15.6.2023

19.6.2023 18.00 horas

10.10.2023

10.11.2023

16.11.2023 18.00 horas

FX23007

As distintas actuacións en lugares públicos: actos de comunicación e actos de execución

50

15

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aproveitamento

Teleformación

24.4.2023

8.5.2023

11.5.2023 18.00 horas

2.10.2023

16.10.2023

19.10.2023 18.00 horas

FX23008

Asistencia xurídica gratuíta

50

20

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aproveitamento

Teleformación

26.4.2023

19.5.2023

23.5.2023 18.00 horas

FX23009

Atención ás vítimas do delito e información á cidadanía

50

30

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aproveitamento

Teleformación

29.5.2023

27.6.2023

30.6.2023 19.00 horas

26.10.2023

26.11.2023

30.11.2023 18.00 horas

FX23010

Modulo III. Procedementos civís: disposicións xerais e modalidades procesuais

50

25

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aproveitamento

Teleformación

27.4.2023

23.5.2023

26.5.2023 17.00 horas

FX23011

Módulo IV. Actividades procesuais dos xulgados de instrución

50

30

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aproveitamento

Teleformación

30.10.2023

27.11.2023

30.11.2023 19.00 horas

FX23012

Estatuto xurídico do persoal ao servizo da Administración de xustiza

50

25

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aproveitamento

Teleformación

22.5.2023

15.6.2023

21.6.29 19.00 horas

FX23012

Estatuto xurídico do persoal ao servizo da Administración de xustiza

50

25

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aproveitamento

Teleformación

25.9.2023

20.10.2023

25.10.2023 18.00 horas

FX23013

Módulo IV. Xurisdición voluntaria

50

20

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aproveitamento

Teleformación

30.5.2023

18.6.2023

22.6.2023 17.00 horas

FX23015

Módulo I. A actividade dos xulgados de garda: actuacións propias e alleas aos xulgados de instrución

50

20

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aproveitamento

Teleformación

19.4.2023

7.5.2023

11.5.2023 17.00 horas

3.10.2023

23.10.2023

27.10.2023 17.00 horas

FX23016

Módulo I. Contencioso I

50

25

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aproveitamento

Teleformación

24.4.2023

19.5.2023

23.5.2023 19.00 horas

FX23017

Módulo I. Execución civil: disposicións xerais

50

25

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aproveitamento

Teleformación

28.9.2023

22.10.2023

26.10.2023 18.00 horas

FX23018

Módulo I. Lexislación social I

50

25

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aproveitamento

Teleformación

13.4.2023

8.5.2023

11.5.2023 19.00 horas

FX23019

Módulo II. Contencioso II

50

25

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aproveitamento

Teleformación

31.10.2023

24.11.2023

29.11.2023 18.00 horas

FX23020

Módulo II. Execución civil: procedemento de constrinximento e trámites posteriores. Especialidades da execución hipotecaria

50

25

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aproveitamento

Teleformación

2.11.2023

26.11.2023

30.11.2023 17.00 horas

FX23021

Módulo II. Violencia de xénero e familiar. Tramitación

50

30

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aproveitamento

Teleformación

20.4.2023

16.5.2023

22.5.2023 17.00 horas

FX23022

Módulo III: Lexislación social III: a execución na orde social

50

25

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aproveitamento

Teleformación

28.9.2023

22.10.2023

26.10.2023 17.00 horas

FX23023

Módulo III: As actividades dos órganos xurisdicionais na execución penal

50

30

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aproveitamento

Teleformación

29.5.2023

27.6.2023

30.6.2023 18.00 horas

FX23024

Módulo V: As medidas de apoio xudicial ás persoas con discapacidade

50

25

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aproveitamento

Teleformación

5.6.2023

29.6.2023

04.7.2023 18.00 horas

FX23025

Módulo V: As medidas de investigación penal limitativas dos dereitos recoñecidos no artigo 18 da CE

50

25

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aproveitamento

Teleformación

2.5.2023

25.5.2023

29.5.2023 18.00 horas

FX23026

O dereito concursal: normativa, supostos e tramitación procesual

50

30

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aproveitamento

Teleformación

10.10.2023

12.11.2023

16.11.2023 19.00 horas

FX23027

O dereito de familia: normativa, procedementos e tramitación procesual

50

30

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aproveitamento

Teleformación

1.6.2023

29.6.2023

4.7.2023 17.00 horas

26.10.2023 19.00 horas

FX23028

Organización de arquivos xudiciais e expurgación

50

25

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aproveitamento

Teleformación

26.9.2023

21.10.2023

25.10.2023 19.00 horas

FX23031

Reformas lexislativas de incidencia procesual no ámbito civil

50

30

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aproveitamento

Teleformación

27.4.2023

27.5.2023

1.6.2023 18.00 horas

FX23031

Reformas lexislativas de incidencia procesual no ámbito civil

50

30

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aproveitamento

Teleformación

25.9.2023

25.10.2023

29.11.2023 17.00 horas

FX23032

Reformas lexislativas de incidencia procesual no ámbito penal

50

30

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aproveitamento

Teleformación

11.9.2023

11.10.2023

16.10.2023 17.00 horas

FX23033

Módulo II. Lexislación social: as modalidades procesuais na orde social

50

25

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aproveitamento

Teleformación

2.11.2023

25.11.2023

29.11.2023 19.00 horas

Tecnoloxías da información e comunicación (TIC)

FX23014

Integración das bases de datos de Minerva e boas prácticas no manexo da aplicación procesual

50

30

Empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aproveitamento

Teleformación

3.5.2023

1.6.2023

5.6.2023 17.00 horas

28.10.2023

28.11.2023

1.12.2023 17.00 horas