Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2023 Páx. 20171

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 3 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Coirós (expediente IN407A 2023/35-1).

Expediente: IN407A 2023/35-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT lugar de Coirós de Abaixo.

Concello: Coirós.

1. Características técnicas:

– Desconexión e desmontaxe (peche e desmantelamento) do CT tipo intemperie Coirós de Abaixo (expediente IN407A 1998/276-1/matrícula 15AYN6) de 100 kVA de potencia e relación de transformación 15/0,4-0,23 kV, instalado no apoio nº 29-A-9-CT (matrícula AR28PL95) de formigón tipo HVH-1600/11 pertencente á arquitectura da liña BEG-707, sito no lugar de Coirós de Abaixo.

– Modificación proxectada no apoio nº 29-A-9-CT (matrícula AR28PL95) anterior, consistente na instalación dun paso aéreo-soterrado (PA/S) e de elementos de seccionamento tipo XS.

– En substitución do CT Coirós de Abaixo proxéctase a instalación dun centro de transformación prefabricado de formigón tipo rural, compacto de manobra exterior, de 100 kVA de potencia, relación de transformación 15/0,4-0,23 kV e configuración de celas 1L+1P con illamento e corte en SF6, con cadro de baixa tensión con tres (3) saídas (unha de reserva), que se instalará na parcela con referencia catastral 7393301NH6879S0001TJ sita no lugar de Coirós de Abaixo (concello de Coirós).

– Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, de 335 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×150 mm² Al), con orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) instalado no apoio nº 29-A-9-CT e remate en cela de liña do CT proxectado.

– Modificación proxectada no apoio nº 29-A-8 (matrícula AR1X0TMA), consistente na retirada dos elementos de seccionamento tipo SXS existentes.

– Modificación proxectada no apoio nº 29 (matrícula AQV5UCWE) metálico tipo C-3000/14 da LMT BEG-707, consistente na substitución dos actuais elementos de seccionamento tipo XS polos novos elementos de seccionamento tipo SXS.

– Reordenación e reforzo da rede de baixa tensión alimentada actualmente desde o CT Coirós de Abaixo (expediente IN407A 1998/276-1/matrícula 15AYN6) que se vai desmantelar, mediante a instalación de dous (2) novos circuítos soterrados de baixa tensión (RBTS) e o soterramento dun treito da rede aérea de baixa tensión existente, de 208 metros de lonxitude, en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×240 mm² Al) con orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate nos pasos soterrado-aéreos (PS/A) proxectados en apoios existentes de formigón tipo HV-630/11 e HV-400/9 nos cales se conectarán coa rede aérea de baixa tensión existente e na substitución dos actuais condutores tipo RZ 3(1×25/54,6 mm² Al/Alm), RZ 3(1×50/54,6 mm² Al/Alm) e RZ 3(1×95/54,6 mm² Al/Alm) polos novos condutores tipo RZ 3(1×50/54,6 mm² Al/Alm), RZ 3(1×95/54,6 mm² Al/Alm) e RZ 3(1×150/80 mm² Al/Alm).

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 3 de marzo de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

LMT, CT e RBT lugar de Coirós de Abaixo

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Coirós

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(LMT, CT e/ou apoios)

LMT soterrada

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m²)

Lonxitude (m)

Superficie (m²)

1

José Manuel

Docampo Riva

7393301NH6879S0001TJ

Coirós de Abaixo

CT e acceso

19,4

Urbano.

Solo sen edificar