Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2023 Páx. 20194

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 10 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o inicio do prazo de vinte días para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de reforma da LMT DC ROS809-ROS806 A Gándara.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, ignórese o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese practicar …», mediante o presente anuncio notifícase o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforma LMT DC ROS809-ROS806 A Gándara, das fincas que se detallan no cadro anexo, de acordo co artigo 29 da Lei de 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Os interesados poderán presentar, no prazo de 20 días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, a folla de valoración na que concrete o valor da indemnización que considere que lle corresponde pola imposición das servidumes de paso das fincas que figuran na relación.

Vigo, 10 de marzo de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/013-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: reforma LMT DC ROS809-ROS806 A Gándara.

Concello: A Guarda.

Predio

Referencia catastral

Titularidade

1

36023A041000140000UT

Descoñecida