Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2023 Páx. 20498

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fai público o acordo do tribunal que xulga o proceso selectivo para o ingreso na categoría de condutor/a, convocado pola Resolución do 18 de xuño de 2021, relativo á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as.

A base oitava da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 18 de xuño de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 126, do 5 de xullo), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de condutor/a do Servizo Galego de Saúde, dispón que contra os resultados da baremación provisional, os/as aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Á vista das reclamacións presentadas ou apreciado de oficio polo órgano de selección algún erro material na baremación provisional asignada aos/ás aspirantes, o tribunal practicará as oportunas correccións e aprobará as puntuacións definitivas da fase de concurso e a relación de aspirantes seleccionados/as, pola orde de puntuación alcanzada nas diferentes quendas de acceso, e elevará esta relación á autoridade convocante para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na base novena da citada resolución disponse, ademais, que os/as aspirantes definitivamente seleccionados/as disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación, para a presentación da documentación preceptiva exixida na convocatoria.

De conformidade co anteriormente exposto, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), o acordo do tribunal relativo á puntuación definitiva da fase de concurso obtida polas persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de condutor/a, convocado pola Resolución do 18 de xuño de 2021.

Cada aspirante poderá consultar, ademais, o detalle da puntuación obtida nas distintas epígrafes do baremo, no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Segundo. Publicar, como anexo desta resolución, a relación dos/das aspirantes seleccionados/as neste proceso, segundo a orde de puntuación acadada nas diferentes quendas de acceso de conformidade co número de prazas convocadas e a previsión contida na base 1.4.3 da resolución de convocatoria.

Terceiro. De conformidade coa base 9.1 da convocatoria, os/as aspirantes seleccionados/as que se relacionan no anexo desta resolución disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, para a presentación da seguinte documentación:

a) Declaración, baixo a súa responsabilidade, de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.

No caso dos/das nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a, por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ser separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.

b) Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que o/a imposibiliten para o exercicio das funcións propias da categoría.

c) Por exixencia do artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia, certificación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais e de Trata de Seres Humanos de non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual ou, na súa falta, autorización escrita ao Servizo Galego de Saúde para consultar os datos contidos no citado rexistro e solicitar no seu nome a oportuna certificación.

Esta autorización deberá prestarse no modelo que, para o efecto, consta na páxina web do Servizo Galego de Saúde, na epígrafe relativa a emprego público (www.sergas.es/emprego público).

d) Declaración, baixo a súa responsabilidade, de non ter a condición de persoal estatutario fixo da mesma categoría a que opta.

e) Os/as aspirantes seleccionados/as que accederon pola quenda de persoas con discapacidade deberán achegar neste prazo, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa do mantemento dos requisitos para acceder pola correspondente quenda, de non ter carácter definitivo a resolución pola que se lle recoñeceu a discapacidade, e que foi achegada dentro do prazo de presentación de solicitudes.

De conformidade coa base 9.2 da Resolución do 18 de xuño de 2021, os/as que dentro do prazo fixado non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos para participar no proceso selectivo non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

Cuarto. Só para os efectos de elección de destino, de conformidade co artigo 9 do Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, os/as aspirantes que superasen o concurso-oposición pola quenda reservada a persoas con discapacidade poderán solicitar á autoridade convocante, no prazo que se indica no punto terceiro desta resolución, a alteración da orde de prelación para a elección das prazas por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas, que deberán ser debidamente acreditados.

Quinto. A documentación requirida nesta Resolución deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e deberase dirixir á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

Sexto. Esta resolución poderá ser impugnada nos termos previstos na base XI da Resolución de convocatoria do proceso, do 18 de xuño de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 126, do 5 de xullo).

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2023

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Condutor

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Nota OPE

Formación

Experiencia

Total

1

***0706**

Garrido Ogando, Marcos

DI

42,125

12,000

8,650

62,775

1

***7342**

López Castro, María Luz

LI

52,125

12,000

21,800

85,925

2

***1382**

Gómez Botana, Jesús Manuel

LI

47,875

12,000

26,000

85,875

3

***8217**

Rodríguez Vilabrille, Pablo

LI

47,625

12,000

25,000

84,625

4

***4731**

Torres Martínez, José Antonio

LI

47,625

12,000

22,200

81,825

5

***9865**

Rodríguez Martínez, Plácido

LI

53,500

12,000

12,800

78,300

1

***9745**

Sánchez Balsa, José Alejandro

PI

53,250

12,000

17,650

82,900

2

***6263**

Ferreiro Santos, Santiago

PI

51,875

12,000

16,230

80,105

3

***7505**

García Iglesias, Fernando

PI

37,500

12,000

27,070

76,570

4

***6682**

Paz Santos, Juan Carlos

PI

50,500

7,920

16,890

75,310

5

***4240**

Domínguez Mota, Francisco Javier

PI

41,375

12,000

18,800

72,175

6

***8666**

Balseiro Pérez, José Antonio

PI

48,750

10,950

12,330

72,030

Acceso: DI: discapacidade xeral; LI: libre; PI: promoción interna.

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.