Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2023 Páx. 20486

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso nas categorías de técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información, convocado pola Resolución do 18 de xuño de 2021, relativo á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as.

A base oitava da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 18 de xuño de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 126, do 5 de xullo), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías de técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información do Servizo Galego de Saúde, dispón que contra os resultados da baremación provisional, os/as aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Á vista das reclamacións presentadas ou apreciado de oficio polo órgano de selección algún erro material na baremación provisional asignada aos/ás aspirantes, o tribunal practicará as oportunas correccións e aprobará as puntuacións definitivas da fase de concurso e a relación de aspirantes seleccionados/as, pola orde de puntuación alcanzada nas diferentes quendas de acceso, e elevará esta relación á autoridade convocante para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na base novena da citada resolución disponse, ademais, que os/as aspirantes definitivamente seleccionados/as disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación, para a presentación da documentación preceptiva exixida na convocatoria.

De conformidade co anteriormente exposto, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), os acordos dos tribunais relativos á puntuación definitiva da fase de concurso obtida polas persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso nas categorías de técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información, convocado pola Resolución do 18 de xuño de 2021.

Cada aspirante poderá consultar, ademais, o detalle da puntuación obtida nas distintas epígrafes do baremo, no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Segundo. Publicar, como anexo desta resolución, a relación dos/das aspirantes seleccionados/as neste proceso, segundo a orde de puntuación acadada nas diferentes quendas de acceso de conformidade co número de prazas convocadas e a previsión contida na base 1.4.3 da resolución de convocatoria.

Terceiro. De conformidade coa base 9.1 da convocatoria, os/as aspirantes seleccionados/as que se relacionan no anexo desta resolución disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, para a presentación da seguinte documentación:

a) Declaración, baixo a súa responsabilidade, de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a, con carácter firme, para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.

No caso dos/das nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a, por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ser separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.

b) Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que o/a imposibiliten para o exercicio das funcións propias da categoría.

c) Por exixencia do artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia, certificación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais e de Trata de Seres Humanos de non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual ou, na súa falta, autorización escrita ao Servizo Galego de Saúde para consultar os datos contidos no citado rexistro e solicitar no seu nome a oportuna certificación.

Esta autorización deberá prestarse no modelo que, para o efecto, consta na páxina web do Servizo Galego de Saúde, na epígrafe relativa a emprego público (www.sergas.es/emprego público).

d) Declaración, baixo a súa responsabilidade, de non ter a condición de persoal estatutario fixo da mesma categoría a que opta.

e) Os/as aspirantes seleccionados/as que accederon pola quenda de persoas con discapacidade deberán achegar neste prazo, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa do mantemento dos requisitos para acceder pola correspondente quenda, de non ter carácter definitivo a resolución pola que se lle recoñeceu a discapacidade, e que foi achegada dentro do prazo de presentación de solicitudes.

De conformidade coa base 9.2 da Resolución do 18 de xuño de 2021, os/as que dentro do prazo fixado non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos para participar no proceso selectivo, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

Cuarto. Só para os efectos de elección de destino, de conformidade co artigo 9 do Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade os/as aspirantes que superasen o concurso-oposición pola quenda reservada a persoas con discapacidade, poderán solicitar á autoridade convocante, no prazo que se indica no punto terceiro desta resolución, a alteración da orde de prelación para a elección das prazas por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas, que deberán ser debidamente acreditados.

Quinto. A documentación requirida nesta resolución deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e deberase dirixir á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

Sexto. Esta resolución poderá ser impugnada nos termos previstos na base XI da Resolución de convocatoria do proceso, do 18 de xuño de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 126, do 5 de xullo).

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2023

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Técnico/a de Xestión de Sistemas e Tecnoloxías da Información

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Nota OPE

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

1

***5535**

Gil Rodríguez, Andrés

LI

40,875

8,000

24,600

2,000

75,475

2

***6778**

Castaño Piñeiro, Miguel Ángel

LI

33,500

8,000

28,000

2,000

71,500

3

***0786**

Gómez Barreiro, Sergio

LI

46,875

8,000

14,600

2,000

71,475

4

***0648**

Vázquez Suárez, Carlos

LI

41,375

8,000

17,500

2,000

68,875

1

***8462**

Gutiérrez Serantes, Manuel

PI

41,625

6,460

10,760

2,000

60,845

2

***7332**

Ferreiro González, María Monserrat

PI

39,125

8,000

6,160

2,000

55,285

3

***6822**

García Núñez, Marcos

PI

35,875

8,000

1,450

2,000

47,325

4

***2770**

Rodríguez Rodríguez, José Antonio

PI

40,250

0,000

1,500

2,000

43,750

Técnico/a especialista de Sistemas e Tecnoloxías da Información

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Nota OPE

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

1

***2101**

Pais Paz, Rubén

DI

47,500

8,000

0,000

0,000

55,500

1

***6634**

Herrera Torrado, David

LI

44,500

8,000

28,000

0,000

80,500

2

***9959**

Lamas Codesido, María Isabel

LI

41,000

8,000

28,000

2,000

79,000

3

***6272**

De Almeida Pereira, Carlos Manuel

LI

38,875

8,000

28,000

0,000

74,875

4

***3960**

Ramberde Irimia, Iván

LI

36,125

8,000

28,000

0,000

72,125

5

***3347**

Treus Castro, Gregorio

LI

35,750

8,000

28,000

0,000

71,750

6

***1047**

García Cerqueiro, José Ramón

LI

35,750

8,000

28,000

0,000

71,750

1

***3536**

Alves Senra, Olegario

PI

42,875

8,000

28,000

0,250

79,125

2

***5820**

Pazos Alves, Patricia

PI

37,125

8,000

28,000

2,000

75,125

3

***5327**

Serantes González, Juan Ignacio

PI

40,000

8,000

19,820

0,000

67,820

4

***8117**

Rey Carbon, Javier

PI

38,125

8,000

11,260

2,000

59,385

5

***0680**

Bermúdez Seoane, Óscar Miguel

PI

36,500

8,000

9,880

0,000

54,380

Técnico/a superior de Sistemas e Tecnoloxías da Información

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Nota OPE

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

1

***5099**

Santos García, Marcos

LI

51,250

8,000

28,000

2,000

89,250

2

***7326**

Sesar Cajaraville, Jesús Manuel

LI

46,125

8,000

28,000

0,000

82,125

1

***9658**

Mosquera Mato, Diego

PI

50,500

8,000

10,360

2,000

70,860

2

***9197**

Montero Santoveña, Gustavo Alberto

PI

35,875

8,000

24,782

2,000

70,657

Acceso: DI: discapacidade xeral; LI: libre; PI: promoción interna.

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.