De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2023
Inés Santé Riveira
Directora xeral de Desenvolvemento Rural
ANEXO
Rec. |
Nome/DNI |
Acto que se notifica |
13 |
35412775C |
Resolución de recurso de alzada |
21 |
35331132G |
Resolución de recurso de alzada |
45 |
35416931J |
Resolución de recurso de alzada |
42 |
35446577N |
Resolución de recurso de alzada |
60 |
35480146R |
Resolución de recurso de alzada |